• Twitter
  • Youtube
  • Flickr
  • Telegram
  • RSS

Bloque Nacionalista Galego do Salnés Bloque Nacionalista Galego do Salnés

O Salnés
  • Novas
  • Be-Ne-Gá
    • Principios do BNG
    • Estatutos do BNG
    • Consello Nacional
    • Portavoz Nacional
    • Executiva Nacional
  • Afíliate
  • Loxa
Bloque Nacionalista Galego do Salnés Bloque Nacionalista Galego do Salnés
O Salnés
  • Novas
  • Be-Ne-Gá
    • Principios do BNG
    • Estatutos do BNG
    • Consello Nacional
    • Portavoz Nacional
    • Executiva Nacional
  • Afíliate
  • Loxa
Foto Montse Prado falta pediatra en Catoira

O BNG lamenta que o Partido popular persista na súa “política de recortes” e non cubra o persoal sanitario do Centro de Saúde de Catoira durante os permisos, vacacións e xubilacións

A portavoz de sanidade do BNG, Montse Prado lamentou que, unha vez máis, o Partido popular persista na “súa política de recortes” e vete a proposta do BNG para deixar de poñer en risco a saúde e vida da veciñanza do concello de Catoira, ante a “falta de persoal “ no Centro de Saúde. Esta falta de persoal, dixo, “é unha constante” ao non substituílo en situación de ILT, vacacións ou permisos o que provoca unha “sobrecarga asistencial” importante que levou aos veciños e veciñas de Catoira a denunciar, “ acumulación de esperas para unha primeira cita, probas de laboratorio, ou a cita para confirmar  resultados”. Esta realidade, dixo a nacionalista, obriga a que moitas persoas doentes se vexan obrigadas a acudir á sanidade privada ou a automedicarse. A deputada trasladou á Comisión de Sanidade a “alarma e preocupación” da veciñanza ao constatar que non accederían á medicina de familia ante a falta  de previsión do goberno  para cubrir a ausencia das 2 profesionais do centro. Por outra banda, esta preocupación, é maior ao comprobar que as crianzas serían atendidas un só día fronte aos catro días á semana de atención pediátrica. Ao seu xuízo, “a  preocupación está agora en niveis máximos”,  tendo en conta que a mediados do mes de xuño “xubilouse un dos médicos que pasaba consulta no centro de saúde, e  a outra profesional xa formulou a solicitude de  traslado para outro  centro”. A parlamentaria, explicou  que na actualidade o centro conta cunha soa médica pero en breve  iniciará o seu traslado e o médico que se xubilou é substituído “algún día”. Sobre a Atención pediátrica dixo que só será durante  “dous días á semana”, tendo que acudir a Vilagarcía o resto dos días se conseguen cita. Nas vacacións ou libranzas, “o persoal segue se ser  substituído  e as crianzas sen atención pediátrica”. A realidade, dixo é que se non hai  atención médica no centro de Catoira, os pacientes teñen  que desprazarse até Vilagarcía, só en caso de urxencias, non tendo posibilidade de solicitar cita para cuestións non urxentes. A deputada afirmou que a  veciñanza de Catoira  está farta de que  o PP, “poña en risco a súa saúde e  a súa vida”. Farta de que  a atención sanitaria dependa do factor sorte, de que se dea a casualidade de que haxa profesionais no centro de saúde ou de que non estean saturados os servizos de urxencias”. “Alarma especialmente entre a poboación de máis idade que precisa ter un profesional de referencia que coñezan e  que os coñeza”. Política de parches do Partido popular para que todo siga igual Na súa intervención, Prado  criticou que a solución ofrecida pola Consellería de Sanidade pase por ir cubrindo as ausencias de maneira puntual. Para a deputada, este proceder obedece a unha práctica  política de “parches” que non resolven unha situación tan recorrente como a falta de persoal na Atención primaria e do Centro de Saúde de Catoira. A deputada respondeu ao Partido popular que “o centro de Catoira non pode seguir dando pasos atrás” porque a política do PP incide en restar profesionais e, nesta liña, a preocupación dos veciños e veciñas está amplamente xustificada”. Montse Prado asegurou que de non ser cubertas as prazas, “o centro de Catoira converterase nunha carcasa valeira” e avanzou que o BNG continuará rexistrando iniciativas parlamentarias para acadar unha asistencia sanitaria “de calidade” e unha Atención primaria cos profesionais necesarios para ofrecer unha atención digna. A deputada concluíu a súa intervención cualificando de “cansino e fraudulento” o discurso do Partido popular. “Hai un problema de profesionais en Galiza pero o verdadeiro  problema é o Partido popular” porque no fondo, ao PP non lle gusta ter as competencias en sanidade e non actuaron a tempo para poder afirmar agora “que non hai médicos”. Con custe cero, dixo, a nacionalista, non aumentan as prazas e con ese  sistema,  o PP sigue “facendo trampas e enganando a poboación”.
Ler novas

Prado reclama garantir as demandas da comunidade educativa do EEI A Pastora.

A nacionalista vén de rexistrar unha batería de preguntas para coñecer se a Xunta de Galiza vai tomar as medidas precisas para garantir o dereito a unha educación  inclusiva d@s nen@s con necesidade neste centro, dotándoo dun/dunha coidador@ a tempo completo.  
Ler novas
2018112219012679536

Prado reclama máis persoal para o Hospital do Salnés e a apertura permanente da terceira planta

“O SERGAS compórtase como a peor das ETTs”, denuncia
Ler novas
DSC_0003

Prado culpa á Xunta de aliarse co goberno central para propiciar a desaparición do xeito

Critica que Feixóo non use as competencias en augas interiores para defender ao sector, que interpuxo un recurso ante o Ministerio de Pesca
Ler novas
IMG_20180601_115502

Prado pide á Xunta que diga se está do lado dos intereses da ría de Arousa o da empresa do proxecto contaminante da Mina de Touro

Critica a “covardía” da conselleira do Mar que segue “dando as costas” ao sector da Pesca, que en Arousa da traballo a 30.000 familias Pide ao Goberno galego que utilice o recurso da Advocación de competencias para frear un proxecto contaminante letal para a ría
Ler novas
ANAPONTON XUNTAPERSOAL HOSPITAL SALNÉS2

Pontón: “ O PP non vai atreverse a tirar abaixo o Hospital do Sanés pero quere reducilo a un ambulatorio"

Lembran que o hospital carece de UCI, dunha ambulancia medicalizada, e que hai lista de espera para a atención primaria na comarca
Ler novas
MONTSE PRADO COMISIONPESCA

Prado reclama que non se peche o centro de saúde de Cambados e dous equipos completos para o PAC

bngosalnes 13 xuño
A veciñanza sae a rúa contra os recortes do SERGAS no período estival, cando se produce un aumento da poboación usuaria. Critica que o PP vote no concello a favor e no Parlamento o contrario.
Ler novas

Prado pide ao Goberno medidas para garantir a viabilidade da flota do cerco no 2018

bngosalnes 19 feb.
Destaca a situación de inestabilidade pola falta de ingresos da flota amarrada durante meses  e  pide medidas  urxentes
Ler novas
Foto Xosé Luís Rivas defende dotar dunha motobomba ao concello da Rúa

O BNG PREGUNTA A MEDIO RURAL QUE VAI FACER CO PROCESO PARCELARIO DO CONCELLO DE CATOIRA

bngosalnes 25 maio
Rivas insta á Xunta a retomar e finalizar  o proceso de concentración parcelaria e informar do estado das reclamación formuladas no seu momento 
Ler novas
foto meis

O BNG de Meis dubida da idoneidade de instalar un parque acuático na localidade

bngosalnes 14 xuño
O BNG de Meis tivemos nas nosas mans o proxecto que se lles vai presentar @s comuneir@s de San Vicente sobre o parque acuático que se pretende construír nos terreos de dita comunidade. Retómase así un proxecto que quería levar adiante o...
Ler novas

Montse Prado denuncia que non existe xustificación para pechar o Centro de Saúde de Cambados polas tardes

bngosalnes 29 maio
Advirte dos problemas que pode suscitar este peche horario  nunha zona  de gran afluencia de visitantes no período estival  e celebracións festivas
Ler novas

O BNG de Ribadumia critica ao grupo de goberno polo apoio ao acto de discriminación da muller.

bngosalnes 25/xan./2018

O BNG de Meis presenta queixa ante a Valedora do Pobo polas restricións no acceso á documentación

bngosalnes 04/abr./2018
IMG-20180509-WA0007

Ética, estética, transparencia, igualdade de oportunidades, “Portas ven e queda” , …

bngosalnes 31 maio
O BNG defende a transparencia e a igualdade de oportunidades para todas as persoas.
Ler novas
concelleiros sanxenxo

Aprobada por unanimidade a moción do BNG de Sanxenxo, polo retraso de ata 3 anos nas valoracións de discapacidade na provincia de Pontevedra

bngosalnes 31 maio
Agraso denuncia que o tempo que ten que esperar un cidadán para recibir a resolución da súa solicitude é como mínimo de 18 meses.
Ler novas

O BNG ven de reunirse coa Mancomunidade de montes de Vilagarcía de Arousa para valorar os orzamentos

bngosalnes 24/xan./2018

O BNG denuncia pasividade ante os efectos da vertedura de aceite

bngosalnes 13/mar./2018
20180302_092833

O GM de Catoira critica os orzamentos aprobados para 2018

bngosalnes 07 mar.
Consideran que os orzamentos non atenden as necesidades reais da xente.
Ler novas

O BNG de Meis leva a pleno a mala xestión da Biblioteca Pública

bngosalnes 13 mar.
A portavoz municipal, Pilar Xiráldez faise eco das queixas por parte de usuari@s da Biblioteca Pública de Meis.
Ler novas

O BNG reúnese coa Asociación Con Eles para valorar as axudas conseguidas nos orzamentos municipais

bngosalnes 14/maio/2018

Montse Prado leva ao Parlamento Galego a situación do Centro de Saúde de Vilaxoán.

bngosalnes 10/nov./2017
IMG_20180119_122528

O BNG lamenta que dende o Goberno se volva deixar de lado aos nosos músicos e a nosa cultura

bngosalnes 24 xan.
Neste senso non se entende que xa nos primeiras actuacións contratadas no ano, se lle dea as costas @s nos@s creadores, e non figure ningún grupo local nin galego.
Ler novas

O BNG de Catoira solicita ao concello un plan de actuación contra a vespa velutina

bngosalnes 06/set./2017

Unha subvención de 4.430 euros tramitada por Fernández Agraso permitirá a Sanxenxo elaborar o seu IV Plan de Igualdade.

bngosalnes 26/xuño/2017
MONTSEPRADO COMISIÓN SANIDADE

Prado reclama incrementar en nove o cadro de persoal de celador@s no Hospital do Salnés

bngosalnes 15 set.
“Non pode haber hospitais de primeira e de segunda e non hai bo servizo sanitario sen persoal suficiente”, alega a deputada
Ler novas
MONTSEPRADO COMISIONSANIDADE1

Prado leva ao Parlamento a situación de precariedade dos operarios encargados do mantemento da Autovía do Salnés

bngosalnes 14 feb.
A deputada faise eco das denuncias do sindicato nacionalista CIG para garantir a seguridade dos traballadores
Ler novas
BNG Cambados 9-2-2017 (5)

Pontón defende en Cambados o concerto económico para garantir os servizos públicos e sociais fronte aos recortes do PP

bngosalnes 10 feb.
O BNG aspira a ser a casa común do nacionalismo que faga a avanzar Galiza cara unha soberanía plena
Ler novas
concerto-economico

Prado advirte que a chegada das cinzas ás rías sería a puntilla para a campaña de marisqueo en Arousa

Critica o “desleixo e a inacción” do Goberno para atender as demandas do sector ante “crónica dunha morte anunciada” no...
2017.10.24- Prado comisión pesca

O BNG pídelle a Telmo Martín respeto para as persoas que fixeron funcionar o voluntariado municipal mentras el paseaba polo Congreso dos deputados.

Fernández Agraso considera un “insulto” que o alcalde compare o traballo de mestres xubilados no Taller de Memoria co de un afiliado do PP con...
sandra-fernc3a1ndez

O BNG reclama do goberno a paralización do cobro do IBI, até non pór en marcha as axudas ao mesmo.

Ríos reclama a máxima urxencia na posta en marcha das axudas correspondentes á bolsa de 90.000€ que desde o BNG se...
foto xabir rios
FOTO Montse Prado pide que o Consello da Xunta denegue autorizar a mina de Touro

Prado pide que o Consello da Xunta se pronuncie contra o proxecto megamineiro de Touro-O Pino

bngosalnes 15 xuño
Pide “valentía” á conselleira do Mar, Rosa Quintana  para responder no Parlamento  ás preguntas formuladas polo BNG  e reclamacións de diversos sectores afectados pola actividade da mina
Ler novas
MONTSE PRADO COMISIONPESCA

O BNG pide á Xunta unha estratexia para recuperar a produción de berberecho na ría de Arousa

bngosalnes 11 out.
Entre as medidas, axudas directas ao sector con perdas superiores ao 35% dos ingresos dos e das mariscadoras
Ler novas
ANAPONTON VISITA SANXENXO1 - copia

Pontón acusa a Feijoo de iniciar en Sanxenxo a estratexia do transfuguismo de cara as municipais

bngosalnes 09 xuño
Ante o cambio de cadeiras para recolocar a Telmo Martín, bota man de Rajoy para lembrarlle ao PP que “ es el vecino quien elige al alcalde y es el alcalde quien quiere el vecino que sea el alcalde”
Ler novas

Montse Prado recrimina a Rey Varela a política social da Xunta coas persoas maiores e a mocidade

bngosalnes 07 xuño
Galiza alcanza o 25 % de  poboación envellecida, hai  falta de residencias, centros de día, temos as   pensións máis baixas do Estado e case 18.000 persoas, “co...
Ler novas
política da
facebook_1497946857980

O BNG de Vilagarcía ven de presentar no concello unha moción para que se atendan as demandas nos centros de ensino público.

Neste senso reclaman do concello que se apoien as reivindicacións que se están a realizar pola comunidade educativa e pola coordinadora das ANPAS de...
Compartir
IMG-20170719-WA0005

O BNG de Meis presenta unha moción para o mantemento das rutas de sendeirismo e BTT do Concello

bngosalnes 20 xul.
Pilar Xiráldez critica o abandono total das rutas de sendeirismo e solicita que se faga un mantemento continuado.
Ler novas
MONTSEPRADO COMISIONSANIDADE1

Prado reclama no Parlamento maior dotación de persoal no centro de saúde de Cambados

bngosalnes 05 xul.
Advirte que a redución de efectivos dáse coincidindo cun aumento da poboación a raíz da época estival e da semana da  festa do albariño
Ler novas

O representante do BNG ven de reclamar na Xunta da Autoridade Portuaria a cesión do espazo para o pavillón náutico municipal

bngosalnes 01/mar./2018
20171005_123616

O BNG pide a retirada do Proxecto de Lei de Portos de Galiza

bngosalnes 06 out.
Prado considera que esta lei é moi negativa para o desenvolvemento dos concellos.
Ler novas
2018.03.16-MONTSE PRADO  PARLAMENTO

O Parlamento apoia a proposta do BNG para mellorar as condicións laborais do persoal de mantemento da vía do Salnés

bngosalnes 16 mar.
“É un abuso ter a só catro traballadores 24 horas ao día, 365 días ao ano”, alega Montse Prado, quen responsabiliza a Xunta como titular da vía
Ler novas
Bloque Nacionalista Galego do Salnés
Seccións
  • Inicio
  • Enqueritos
  • Afíliate
Contacto

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal

Opennemas.com CMS para periódicos digitales