O BNG de Ribadumia critica ao grupo de goberno polo apoio ao acto de discriminación da muller.

O BNG de Ribadumia critica ao grupo de goberno polo apoio ao acto de discriminación da muller.

O BNG acusa de falla de cintura e humildade ao grupo de goberno de Ribadumia por non retirar inmediatamente a súa axuda a un evento que discrimina ás mulleres.

Este caso en concreto exemplifica novamente que este goberno municipal culpa de todo aos demais, ás herdanzas, ....pero non asume as súas responsabilidades. O patrocinio desta actividade deixa ben ás claras que os erros duns nos arrastran a todos e á imaxe do noso concello. Como no tema da auga, o goberno municipal (IdR, Psoe e Somos) non están aquí para o “ti máis, a herdanza recibida...” se non para facer avanzar o concello e ofrecer alternativas e solucións. Lonxe disto, xeneran unha polémica innecesaria e culpan aos demais.

Neste caso, ademais, vemos como a igualdade de xénero non é unha cuestión asumida por este grupo. Dende o BNG reclamamos un pouco de sensibilidade xa que a igualdade non é un acto o 25N para a foto mentres o resto do ano se fai o contrario e incluso se xustifica e apoia.

Tamén lembramos ao PP que a igualdade é algo que debemos traballar entre todos e todas e que a resposta “iso agora non toca” do seu presidente tampouco vai na liña acaída.

Insistimos, é lamentable a imaxe que se está a xenerar do noso concello, cousa que nos salpica a todos e todas. Unha actividade nobre como é a práctica deportiva nestes días tennos avergoñado como veciños e veciñas. Non hai máis que ver os medios. Esperamos que isto se reconduza, polo ben de todas.

 

O BNG de Ribadumia critica ao grupo de goberno polo apoio ao acto de discriminación da muller.