O BNG pide a retirada do Proxecto de Lei de Portos de Galiza

20171005_123616

Prado considera que esta lei é moi negativa para o desenvolvemento dos concellos.

O BNG pide a retirada do Proxecto de Lei de Portos de Galiza

A deputada do BNG, Montse Prado compareceu en rolda de prensa, xunto con cargos orgánicos da comarca, para denunciar que a Lei de Portos de Galiza que pretende aprobar a Xunta de Galiza, ten como principal obxectivo un afán totalmente privatizador e recaudatorio, deixando en segundo plano a actividade pública.

 “Prímase a actividade comercial, industrial e naútica-deportiva fronte ás propias  actividades portuarias e pesqueiras” polo que a  nacionalista pide a retirada desta lei. Considera que a aprobación desta lei é moi perxudicial para o sector pesqueiro e marisqueiro, sector estratéxico na nosa comarca.

Para o BNG esta lei ningunea aos concellos, “permite  instalacións de hoteis, liñas de alta tensión, construcións de edificios de ata 12 metros”, invadindo as competencias urbanísticas dos propios municipios, sendo os concellos os que teñan que adaptarse ás pretensións de portos de Galiza só polo interés privatizador e recaudatorio.

Ademais critica ao PP por non incluir nesta lei a transferencia para Galiza dos portos de interés xeral, entre eles o de Vilagarcía de Arousa, “todos os recursos que se xeren da explotación deses portos quedan en Madrid,  en vez de ser a Xunta quen decidese o que facer neses portos e o que co que se recaudase”.

Prado rematou indicando que o BNG presentou unha emenda á totalidade e 106 emendas parciais, e que se presentarán mocións nos distintos concellos esixindo á Xunta de Galiza a devolución desta lei para a súa mellora, por ser unha norma claramente privatizadora, “aumenta as concesións portuairas de 30 a 50 anos, permite recheos sen ter en conta aos concellos e aspectos medio ambientais  e secundariza a actividade pública”.

O BNG pide a retirada do Proxecto de Lei de Portos de Galiza