O BNG de Catoira solicita ao concello un plan de actuación contra a vespa velutina

VELUTINA FOTOS 012

O Grupo Municipal insta ao concello a demandar da Consellaría de Medio Ambiente medidas urxentes no combate desta especie invasora.

O BNG de Catoira solicita ao concello un plan de actuación contra a vespa velutina

A avespa asiática ou vespa velutina é un insecto invasor que está a introducirse fortemente na Galiza e que ameaza as colmeas poñendo en perigo o futuro da produción apícola e mermando o importante papel polinizador que teñen as abellas, con todas as repercusións económicas e ecolóxicas que isto trae consigo. Ademais, pode afectar á produción frutícola, xa que tamén se alimenta de froitas, e a súa expansión por zonas urbanas ou semiurbanas incrementa  o risco de picaduras.

 

Dende o BNG e diante da preocupación da veciñanza pola aparición de niños de velutina no noso Concello, e temos constancia que os propios veciños se están organizando  pola súa conta para eliminalos, e os medios dos que dispoñen non son axeitados nin suficientes, preguntámonos se o goberno municipal de Catoira ten deseñado un plan de información para o control e erradicación da vespa velutina.

 

Ao mesmo tempo solicita a posta en marcha por parte do Concello de Catoira dun plan de actuación contra a vespa velutina, coa colaboración das veciñas e dos veciños para a identificación e localización dos niños, e posteriormente, exixir á Consellería de Medio Ambiente as actuacións necesarias para eliminar de forma inmediata todos os niños de vespa velutina detectados en Catoira.

O BNG de Catoira solicita ao concello un plan de actuación contra a vespa velutina