O BNG lamenta que dende o Goberno se volva deixar de lado aos nosos músicos e a nosa cultura
Neste senso non se entende que xa nos primeiras actuacións contratadas no ano, se lle dea as costas @s nos@s creadores, e non figure ningún grupo local nin galego.
Para o BNG non resulta de recibo que se teñan contratado uns concertos dentro da programación de “Achégate ao salón” onde non figura ningún grupo ou cantautor local nin da zona. Unha mostra, para a nosa organización, que dende o goberno non se aposta polo noso.
Dende a nosa organización, vimos reclamando que se aposte polos nosos creadores locais e a nosa cultura, mais parece ser, que o goberno non o ten como prioridade. Dende o BNG non cuestionamos a valía e categoría dos cantautores e grupos contratados, mais entendemos que dende o goberno debera existir o compromiso cos nosos creadores e a nosa cultura, que resulta tan válida como a que se está a traer de fóra.
Dende o BNG vimos reclamando un maior apoio e compromiso coa nosa cultura e creadores locais, e deste xeito, fixémolo constar nos últimos orzamentos. Mais ao igual que xa temos denunciado co noso idioma, parece que por parte deste goberno do concello de Vilagarcía de Arousa, non están polo labor de potenciar e recoñecer o noso.
Para o noso grupo é necesario a implicación e o compromiso das administracións ( neste caso do concello ) para que os nosos creadores poidan desenvolver a súa obra e ter unha saída profesional. Neste senso, imos a seguir reclamando do goberno un maior compromiso c@s mesm@s.