O BNG pídelle a Telmo Martín respeto para as persoas que fixeron funcionar o voluntariado municipal mentras el paseaba polo Congreso dos deputados.
Fernández Agraso considera un “insulto” que o alcalde compare o traballo de mestres xubilados no Taller de Memoria co de un afiliado do PP con acceso directo a depedencias e documentación municipal.
Dende a súa chegada á Alcaldía Telmo Martín adícase a vender fume, ademáis de a facer xusto o que tanto lle criticaba ao anterior Goberno. Gústanlle as fotos e é lícito, ademáis de moi necesario no seu caso, que faga unha campaña que mellore a súa imaxe; pero retratarse nos patios dos colexios resulta lamentable, ademáis de evidenciar un Goberno no que Telmo Martín non delega competencias en ningún dos seus concelleiros.
Pero o que resulta realmente sorprendente é que Telmo Martín se adique a vender fume, como fixo hai uns días co anuncio da creación dunha Bolsa de Voluntariado. Un servicio que o alcalde de Sanxenxo parece desconocer pero que existe en Sanxenxo dende moito antes de que o BNG formase parte do Goberno no 2015.
A xuizo da concelleira nacionalista Sandra Fernández Agraso, as afirmacións de Telmo Martín supoñen un claro menosprezo non só ás traballadoras que coordinan o Voluntariado Municipal, senón ás numerosas persoas que adican o seu tempo de ocio ao servizo altruista aos cidadáns de Sanxenxo.
A modo de exemplo Sandra Fernández Agraso pon a adicación que durante anos teñen profesoras xubiladas que participan, “totalmente gratis e desprazándose cos seus propios medios polas parroquias”, no programa de educación para adultos a través do Taller de Memoria.
Fernández Agraso recordalle a Telmo Martín que dende o departamento de Servizos Sociais coordinase tamén o traballo voluntario de varias persoas que fan acompañamento domiciliario a persoas que viven soas. “Non podemos tolerar que o alcalde de Sanxenxo desprecie o traballo de todas as persoas, ben sexa por descoñecemento do mesmo ou ben sexa para xustificar outras cousas”.
A edil nacionalista sospeita que a “idea” dunha Bolsa de Voluntariado ocurriuselle a Telmo Martín para xustificar baixo esta figura a presencia na Casa Consistorial do número 9 da lista do Partido Popular, quen está exercendo como concelleiro non electo. “Non se atreva a comparar o traballo dun voluntario, con formación e vocación de servicio, co feito de que vostede abandeire a entrada en dependencias municipais e permita o acceso a documentación municipal de quen foi sempre o seu fiel escudeiro e tivo en nómina de xeito incondicional, porque ainda que vostede non o aprecie, a diferenza está en que no primeiro caso falamos de vocación de servizo aos demáis e no segundo dun posible delito”.
E para evitar que Telmo Martín teña que acabar dando explicacións por esta irregular presenza de afiliados do Partido Popular traballando no Concello sen haber contrato algún, Sandra Fernández Agraso dalle un consello. “Si Alfonso Rea non exerce como edil de Servizos, e Juan Deza tampouco ten a súa confianza para levar el so Medio Ambiente, faga dimitar a calquera dos dous e xa terá a Xaime Leiro dentro e convertido nun concelleiro electo. Pero deixe de tomarnos o pelo a todos e de faltarlle ao respeto a persoas que mentras vostede reclamaba indemnizacións millonarias polo seu paseo polo Congreso fixeron que o servicio de Voluntariado seguise funcionando”.
TERRA DE SANXENXO
Fume vendeu tamén Telmo Martín cando presentou a Gonzalo Pita como vicealcalde, unha figura enexistente e como coordinador de áreas.
A constitución do Consello de Administración do Organismo Autónomo Terra de Sanxenxo deixou claro que Gonzalo Pita non coordinará ningunha área e que este enunciado nas súas competencias so serve para aparentar un contido do que carececo cargo otorgado a cambio de regalarlle a Alcaldía a Telmo Martín.
Só así se explica que Gonzalo Pita non forme parte do Consello de Terra, un organismo do que dependen áreas tan importantes e sensibles como Servizos Sociais, Cultura, Educación, Turismo e ata as Festas.