O BNG PREGUNTA A MEDIO RURAL QUE VAI FACER CO PROCESO PARCELARIO DO CONCELLO DE CATOIRA

IMG-20180509-WA0003

Rivas insta á Xunta a retomar e finalizar  o proceso de concentración parcelaria e informar do estado das reclamación formuladas no seu momento 

O BNG PREGUNTA A MEDIO RURAL QUE VAI FACER CO PROCESO PARCELARIO DO CONCELLO DE CATOIRA

O deputado do BNG, Xose Luís Rivas preguntou hoxe á consellería de Medio Rural que previsión ten sobre o proceso de parcelación no concello de Catoira.

O nacionalista  instou  á Consellería de Medio Rural a: Informar á veciñanza das parroquias do Concello de Catoira do estado do proceso de reestruturación parcelaria en curso desde o ano 2000. Ofrecer tamén a información sobre o estado das reclamacións presentadas no seu momento e as solucións dadas ás mesmas así como  retomar o proceso de concentración parcelaria e “darlle remate de inmediato poñendo fin a incerteza dos propietarios e veciñanza afectada”.

Ademais, o nacionalista tamén reclamou información sobre “os escollos” que provocaron a interrupción do proceso e canto vai custar o que resta por facer.

Na súa intervención  explicou que a concentración  de Catoira  foi declarada de utilidade pública, interese social e urxente execución por Decreto no ano 2000 e no 2005 impúlsase  a redacción do Estudo de Impacto Ambiental e proxecto de camiños. O levantamento topográfico e as bases provisionais son de outubro de 2006 e as bases definitivas de outubro de 2007.

No 2008 foi realizado o  proxecto de concentración das novas leiras, a prospección arqueolóxica intensiva das trazas dos camiños e a execución da rede principal de camiños. “Este último investimento cun orzamento total de 3.426.232,26 €.”, afirmou.

Rivas tamén ser referiu á  superficie  de 2.900 ha totalidade do solo rústico do concello de Catoira, polo que foron excluídos os núcleos rurais de poboación. Trátase dunha gran superficie de 2.738 ha e de acusada complexidade, dada a estrutura da propiedade: 22.653 parcelas e os 2.433 propietarios. Comprende as parroquias de: San Pedro de Dimo, Santa Baia de Oeste, San Mamede de Abalo e a de San Miguel de Catoira, que fan a totalidade do concello. No ano 2008 expóñense as bases definitivas pero  o proceso se ve ralentizado polos numerosas reclamacións presentadas, máis de 1.000 pero o certo é que dende 2008 nada se leva feito e xa imos para dez anos”, dixo o parlamentario.

Trala intervención da portavoz popular, Raquel Arias quen afirmou  que os traballos continuaban, o deputado replicou que “non era certo e só a   raíz da reunión mantida por este deputado cos máis de 90 afectados constamos que vostedes non fixeron nada ao respecto nos últimos dez anos”. Sen embargo, apostilou,  está reunión serviu para que vostedes reaccionaran e “e digan que van facer” o que dubidamos xa que de quere resolver o problema hoxe votarían a favor da proposta do BNG.

Por outra parte, o parlamentario fixo referencia a unha nota publicada pola Xunta de   Galicia comprometendose a completar a parcelaria de Catoira que o deputado cualificou de “pura propaganda”. Vostedes agora cunha nota tentan tapar o que non levan feito durante tantos anos e utilízana como desculpa para non apoiar a nosa proposición.

O BNG PREGUNTA A MEDIO RURAL QUE VAI FACER CO PROCESO PARCELARIO DO CONCELLO DE CATOIRA