Resposta do Consello de Contas ao escrito presentado polo BNG de Catoira
“O Concello ten que correxir as irregularidades”
O
O Consello de Contas advirte ao concello que “as irregularidades denunciadas presentan caracteres de contravir de forma notoria o ordenamento xurídico por ser presuntamente desconformes coa normativa orzamentaria e da contratación pública, así como coa normativa de transparencia”.
Pero a cousa non queda aquí, o consello de contas comina ao concello a “corrixilas sen demora” no eido administrativo.
Segundo o Consello de Contas a fiscalización que solicitaba o BNG non afecta ao ámbito de actuacións previstas no vixente Plan de Traballo comprometido perante o Parlamento de Galicia, por este motivo non inicia, neste intre, a devandita fiscalización. Pero a continuación engade “sen prexuízo da súa toma en consideración na confección dos futuros Plans anuais de traballo da Institución”.
O BNG xa pediu nunha moción en abril de 2016 que se correxiran as irregularidades relativas aos pagamentos pola prestación de servizos e subministración sen as facturas correspondentes, esperamos que coa resposta do Consello de Contas, o concello remate con esta forma inadmisible de proceder.