Víctor Caamaño denuncia a situación laboral d@s traballadores/as da piscina municipal.

Víctor Caamaño denuncia a situación laboral d@s traballadores/as da piscina municipal.

O portavoz municipal do BNG denuncia que a empresa concesionaria da piscina municipal, que actualmente conta con 17 traballadores/as cunha idade media duns trinta anos adebédalle, a día de hoxe, a mensualidade de maio, polo que están a pasar por un momento moi complicado e de gran incertidume laboral e persoal.

O nacionalista sinala ademais o incumpriemnto do contrato por parte da empresa “Gimnasios Pazos SA” por non facerse cargo do correspondente pago de facturas de Fenosa e de Gas Natural estipulado en dito documento debido ao excesivo gasto enerxético das instalación municipais como consecuencia do insuficiente illamento da cuberta que implica constantes perdas de enerxía e, polo tanto, perda de cartos.

Víctor Caamaño lembra que xa o anterior alcalde prometera, no seu momento, a realización de obras de cambio de cuberta que resolverían as deficiencias descritas pero, a día de hoxe, a pesar das continuas promesas realizadas desde o concello para solucionar esta problemática, as instalacións encóntranse, cada vez, nun estado máis precario para ofrecer un bo servizo aos preto de 400 usuarios/as actuais.

É por iso que o BNG de Cambados ven de presentar unha batería de preguntas ao alcalde interesándose pola situación laboral dos traballadores/as da piscina e que explique, cal é a razón, polo que aínda non recibiu aos representantes sindicais despois de solicitado ata en tres ocasións. Víctor Caamaño pregunta ademais pola situación da empresa concesionaria con respecto á xestión da piscina municipal e si existe a posibilidade de que o concello se faga cargo do funcionamento desta instalación municipal no caso de que “Gimnasios Pazos SA”, deixe de facelo.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Víctor Caamaño denuncia a situación laboral d@s traballadores/as da piscina municipal.