A PORTAVOZ NACIONAL DO BNG, ANA PONTÓN REALIZOU HOXE UNHA VISITA INSTITUCIONAL AO CONCELLO DE CAMBADOS ONDE FOI RECIBIDA POLO ALCALDE, VÍCTOR CAAMAÑO E AS CONCELLEIRAS TEREIXA PRADO E MARÍA XOSÉ CACABELOS. A PORTAVOZ NACIONALISTA CONTRAPUXO

PONTÓN PON CAMBADOS COMO EXEMPLO DE GOBERNO “ABERTO, A FAVOR DO BENESTAR DA VECIÑANZA E DESENVOLVENTO CULTURAL”

Paseo Cambados
Paseo Cambados
PONTÓN PON CAMBADOS COMO EXEMPLO DE GOBERNO “ABERTO, A FAVOR DO BENESTAR DA VECIÑANZA E DESENVOLVENTO CULTURAL”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón e  a deputada por Pontevedra, Montse Prazo realizaron hoxe unha visita institucional ao concello de Cambados onde foron recibidas polo alcalde do BNG, Víctor Caamaño e as concelleiras nacionalistas, Tereixa Prado e María Xosé Cacabelos.

Ana Pontón resaltou a xestión  nacionalista  do concello e congratulouse do resultado das eleccións municipais por conseguir rompera a maioría absoluta do Partido popular, “abrindo unha nova etapa para o concello de Cambados”. Neste sentido, explicou que o traballo municipal do BNG mantén tres principios baseados na “apertura dos concellos ao pobo” para devolverlle estas institucións á cidadanía a través dos   impulsando consellos de participación,  políticas de protección do  medio ambiente, e nunha ría como esta, recalcou,   principal  motor económico, e un terceiro piar relacionado coa recuperación cultural con especial atención  á tradición e dinamización do viño.

A portavoz do BNG anunciou que nos vindeiros días, o grupo parlamentario nacionalista presentará diversas iniciativas no Parlamento galego  vinculadas a actuacións no concello de Cambados porque consideramos,  afirmou, que o cambio que se está a producir neste concello é un exemplo do labor político de concellos gobernados polo BNG, “abertos, democráticos,  e vinculados á cultura galega”.

Pontón tamén destacou o apoio do BNG ao  emprego feminino que  “precisa de políticas de apoio para o seu incremento” sobre todo, nun  concello tan  relacionado co sector do marisqueo, fonte de riqueza que debe continuar  o seu desenvolvemento.

Tras a visita ao concello, a portavoz do BNG  mantivo un encontro con cargos orgánicos e militantes para coñecer máis de preto as demandas de Cambados e bisbarra.

Pola súa parte, o alcalde do BNG de Cambados, Víctor Caamaño salientou que o principal problema  do concello sitúase  na relación de postos de traballo e as necesidades reais dos servizos municipais porque “non se corresponde coas infraestruturas realizadas durante anos”. O alcalde recalcou que as infraestruturas fixéronse  “sen pensar na dotación  de traballadores e traballadoras e coa  distribución adecuada”. Asemade, o rexedor tamén  criticou que tanto a  Xunta como o  Partido popular persistan nunha estratexia política de permanente  “campaña para as próximas  eleccións municipais”.

 

PONTÓN PON CAMBADOS COMO EXEMPLO DE GOBERNO “ABERTO, A FAVOR DO BENESTAR DA VECIÑANZA E DESENVOLVENTO CULTURAL”