O BNG insta á Consellaría de Benestar a solucionar os problemas da Escola Infantil de Rons.

O BNG insta á Consellaría de Benestar a solucionar os problemas da Escola Infantil de Rons.

A deputada Montse Prado ven de presentar unha proposición non de lei e varias preguntas na que insta ao Goberno Galego a realizar obras de mellora na Escola Infantil de Rons de Ogrobe, recollendo as demandas dos pais e nais da escola, e que estean rematadas antes da chegada do inverno.

A nacionalista sinala que o edificio que acolle a escola infantil de Rons, ten máis de 30 anos, e está en moi mal estado, polo que precisa que se acometan con urxencia reformas en profundidade para que poida seguir prestando en condicións a atención aos máis de 70 nenos e nenas que acoden á mesma.

As nais e pais que teñen aos seus fillos e fillas nesta escola infantil levan tempo demandando, con diferentes actos de protesta, que se solucionen os problemas que ten o edificio: cuberta en mal estado, humidades, pingueiras... son algunhas das deficiencias máis importantes.Prado-en-comisión

Montse Prado critica que o Consorcio de Benestar, de quen depende o centro, pasou de considerar que as actuacións neste centro eran prioritarias, polas malas condicións na que se atopa, a comunicar que non se ían facer os arranxos no prazo establecido, o compromiso era iniciar as obras a principios de 2014, e propoñer a construción dun edificio novo, iso si “sen prazos e sen dotación orzamentaria” manifesta a deputada e lamenta que isto “non é máis que unha manobra dilatoria da Consellaría de Benestar na solución do problemas”.

A nacionalista, diante desta situación, e recollendo as demandas da ANPA da Escola Infantil, pregunta as razóns polas que non se teñen realizado as obras de reparación no edificio que acolle a escola e cal é a previsión para cambiar a cuberta e solucionar os problemas de pingueiras e humidades para que non aconteza o mesmo que no pasado inverno onde os nenos e nenas convivían con humidades e caldeiros.

 

 

 

O BNG insta á Consellaría de Benestar a solucionar os problemas da Escola Infantil de Rons.