O BNG do Salnés presenta os actos polo “Día da Patria Galega”

O BNG do Salnés presenta os actos polo “Día da Patria Galega”

O BNG do Salnés presentou a campaña polo 25 de xullo “Día da Patria Galega” que se celebrará baixo o lema “Galiza Viva. Soberanía e traballo”.

O responsábel comarcal do BNG, Manuel Domínguez, xunto co viceresponsábel comarcal Xoán Castaño, presentaron publicamente os actos comarcais e nacionais que se celebrarán este ano polo Día da Patria Galega.

Manuel Domínguez sinalou que este 25 de Xullo é unha data para reivindicar que “Galiza é unha nación viva que precisa de soberanía para que os galegos e galegas poidamos vivir con dignidade e poder traballar na nosa terra”.20160720_130339 (2)

“O 25 de Xullo é a gran festa do nacionalismo galego”, sinalou o nacionalista, por iso fai un chamamento a todos os veciños e veciñas da comarca do Salnés a participar na manifestación deste luns que sairá ás 12 da mañá da Alamenda de Santiago de Compostela.

Un Día da Patria para demostrar que desde o BNG continuamos a traballar activamente na defensa dos dereitos como pobo e combater as políticas impostas polo Estado Español e a Unión Europea.

Festa comarcal o venres 22 de xullo

O responsábel comarcal animou a participar aos veciños e veciñas e colectivos do Salnés ao acto previo ao 25X, que como en anos anteriores celebramos na nosa comarca, e que será o venres 22 de xullo, a partir das 20:30 h., no parque Miguel Hernvolantina festa comarcal 25X 2016ández en Vilagarcía de Arousa. No acto contaremos coa presenza de Ana Pontón, portavoz nacional do BNG. Ademais das intervencións políticas, farase a lectura dramatizada da obra de teatro de Manuel María “O Regato do Cepelo”, Presentación do libro“Regato do Cepelo”, a cargo do autor, Fernán López, actuación musical de“Canto Crú”e ao remate compartiremos uns petiscos.

Desde o BNG do Salnés animan a asistir á manifestación con saída ás 12 h. da Alameda de Santiago de Compostela e como xeito de proseguir a celebración ao remate da manifestación, acudir á Carballeira de San Lourenzo (Campus Sur) onde haberá espazos para xantar, charlas, galería de letras, e espazos infantís.

Como cada ano, o Festigal terá lugar o 24 e 25 de xullo, e xa chega á 15 edición, cargado con máis de 100 actividades en 2 días, con concertos, maxia, presentacións de libros, debates, ideas, coloquios sobre a situación de Galiza e o dereito a decidir, … podendo obter máis información na web festi.gal

 

 

 

O BNG do Salnés presenta os actos polo “Día da Patria Galega”