VENCE REUNESE COAS TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN PARA COÑECER AS SÚAS DEMANDAS

Xuntanza de Montse Prado coas traballadoras despedidas da Residencia Valle Incán
VENCE REUNESE COAS TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN PARA COÑECER AS SÚAS DEMANDAS

O Portavoz nacional do BNG Xavier Vence, reuniuse esta mañá, xunto coa deputada no Parlamento Galego Montse Prado, coas traballadoras despedidas da Residencia Valle Inclán para coñecer de primeira man a situación laboral que están a padecer.

Vence, tras coñecer as demandas e reivindicacións destas traballadoras, subliñou de “espectáculo revelador” a situación dos servizos sociais deste país como consecuencia das políticas que está a levar a cabo a Xunta de Galiza, que non ten como prioridade a prestación dos servizos de calidade e o respeto dos dereitos dos traballadores e traballadoras, se non que está fundamentalmente preocupada en garantir o negocio fácil aos empresarios amigos.20140314_112209

Como consecuencia do conflito laboral que se está a dar no xeriátrico, desde o BNG levarase novas iniciativas ao Parlamento Galego apoiando as reivindicacións das traballadoras despedidas e, para que dunha vez todas a Xunta de Galiza e a Consellaría de Traballo e Benestar expliquen cal é o control e as actuacións que están exercendo ante a situación de conflitividade laboral que pon en serio perigo a prestación duns servizos de calidade na atención das persoas maiores.

Desde o BNG demandaremos un servizo de calidade para as persoas maiores que están acollidas na residencia e que se garanta a continuidade do xeriátrico para que na comarca exista un centro que preste un servizo nas mellores condicións que permita a calidade de vida das familias e a readmisión do persoal despedido.

Para a deputada Montse Prado a Consellaría de Traballo e Benestar é a responsábel do conflito e da situación que se está a dar na residencia, xa que ademais de ser a autoridade no ámbito laboral en Galiza, é a admistración competente en materia de servizos sociais e o órgano de contratación nos contratos de servizos públicos por concerto polo que considera de copartícipe á consellaría da situación na Residencia Valle Inclán.

 

VENCE REUNESE COAS TRABALLADORAS DA RESIDENCIA VALLE INCLÁN PARA COÑECER AS SÚAS DEMANDAS