O BNG SOLICITALLE AO PP QUE ACLARE A SITUACIÓN DAS BICICLETAS DO VAIBIKE!

O BNG SOLICITALLE AO PP QUE ACLARE A SITUACIÓN DAS BICICLETAS DO VAIBIKE!

Ante o traslado dende os baixos do Auditorio das que viñan a ser as últimas bicicletas pertencentes ao Servizo Municipal de Préstamo de Bicicletas "VaiBike!", o BNG ven de presentar por escrito no rexistro do Concello unha serie de preguntas ás que agardamos que se nos dea resposta.

Tal e coma vimos denunciando dende o comezo da lexislatura do PP, o acontecido estes días coa retirada das últimas bicicletas pertencentes ao Servizo Municipal de Préstamo de Bicicletas "VaiBike!" dos baixos do Auditorio, vense a efectivizar o desmantelamento definitivo do servizo.

A esta actuación habería que sumarlle outras coma a non renovación do servizo e a derrogación da ordenanza fiscal que viña regulando o servizo. Todas estas, actuacións levadas a cabo mentres o goberno intentaba enmascarar as súas intencións dicindo que non era a morte do "VaiBike!" ou que se estaban estudando outros medios para poder seguir ofertándoo.

Non so iso, ante a pregunta nun pleno por parte do BNG, de a onde estaban indo a parar as bicicletas do "VaiBike!", o PP deu a calada por resposta. Xa en varias ocasións dende o Bloque Nacionalista Galego denunciamos o deterioro ao que estaban expostas as bicicletas ficando almacenadas sen coidado nin mantemento algún.

Por todo isto é polo que acabamos de presentar no rexistro do Concello as seguintes preguntas:

  • Onde foron a parar as bicicletas pertencentes ao servizo “VaiBike!”?
  • Quen deu a orde de que fosen retiradas dos baixos do Auditorio? A que se debeu dita orde?
  • Ante esta situación de deterioro e desmantelamento, tense pensado realmente voltar a poñer en marcha o servizo? Como ven solicitando o BNG dende comezos da lexislatura.

Agardamos que Tomás Fole aclare dunha vez por todas cales son as intencións do PP con respecto ao servizo e a que foron destinadas as bicicletas, propiedade do Concello, coas que contaba.

O BNG SOLICITALLE AO PP QUE ACLARE A SITUACIÓN DAS BICICLETAS DO VAIBIKE!