O BNG LAMENTA A RESPOSTA DA CONSELLARÍA DE TRABALLO E BENESTAR A RESPETO DA ASOCIACIÓN “CON ELES”

O BNG LAMENTA A RESPOSTA DA CONSELLARÍA DE TRABALLO E BENESTAR A RESPETO DA ASOCIACIÓN “CON ELES”

(Videos no interior) O BNG, a través da deputada Montse Prado, preguntou na Comisión 5ª Sanidade, Política Social e Emprego polas razóns para que a Consellaría de Traballo e Benestar non aumente o número de prazas conveniadas coa asociación “Con Eles” de Vilagarcía de Arousa e as alternativas que se lles ofrece a estas persoas con discapacidades psíquicas, que precisan dunha atención especializada.

Para Montse Prado, a contestación dada pola Secretaria Xeral Coro Piñeiro a respeto de non aumentar o número de prazas ven confirmando que non é unha prioridade para a Consellaría de Traballo e Benestar para o 2014.

O BNG non acepta a resposta dada por Coro Piñeiro decindo que hai outros en peor situación, ademais de decir que poderían ir a un centro privado. A deputada nacionalista dixo “como pretende que no caso de Tania, con seu pai no paro e a súa nai traballando na conserva, poidan pagar 1.067 euros ao mes” e si cree que é de recibo a contestación que se lle pode dar a estas familias.DSC_0214

Desde o BNG lamentamos a contestación por parte da Consellaría de Traballo e Benestar. Detrás das estatísticas e números están persoas con nomes e apelidos, con cara, con familias que sofren. Pilar, José Luis, Tania, Borja, Alberto, Alex, Vanessa, Efigemia ou Xosé Mª, son persoas que están agardando por unha praza para ser atendidos.

Desde o BNG denunciamos, que a Consellaría, que é a competente, non dé a atención precisa nin convenie máis prazas coa Asociación “Con Eles”, que ten a disponibilidade e capacidade para atender a estas persoas.

Montse Prado rematou acusando á Xunta de Galiza de dar millóns de euros para os bancos e para rescatar a empresas amigas, mentras lle recanean a atención ás persoas que tanto o necesitan.

http://youtu.be/8Edm1I61_Ks

http://youtu.be/huGtSW1HWaw

O BNG LAMENTA A RESPOSTA DA CONSELLARÍA DE TRABALLO E BENESTAR A RESPETO DA ASOCIACIÓN “CON ELES”