PRESENTACIÓN DA CESTA DE REGALO DO BNG DE RIBADUMIA AO PRESIDENTE DO GOBERNO MARIANO RAJOY
Ante a estancia do Presidente do Estado Español, Marinao Rajoy no noso concello, o BNG de Ribadumia, como mostra da súa hospitalidade, quere facerlle entrega ao presidente dun regalo, que consiste nunha cesta con diferentes productos e obxectos que a bo seguro farán máis cómoda e agradábel a súa estancia do Presidente en Ribadumia.
A continuación, presentámosvos os agasallos e a súa utilidade principal:
- Diccionario de galego: para que o Presidente poida entenderse cos indíxenas do lugar e mesmo comezar a dicir algunhas palabras na lingua do país que o viu nacer.
- Caixa de puros, cuns sobres e uns billetes no seu interior: pretendemos agasallar ao Presidente cunha caixa de puros das que lle gustan a el, para que o Presidente do Reino de España non bote nada de menos durante a súa estancia en Ribadumia.
- Rama de parra con mildeu: para que o presidente poida comprobar que na vida real que onde el ve brotes verdes, o que hai realmente é mildeu.
- Disco Broncodilatador, de Terbutalina, boa mostra da actual música galega, e que contén a canción R.A.J.O.Y., para que poida escoitar música en galego e comprobar de primeira man como él mesmo forma parte dos contidos temáticos deste grupo. Tamén lle recomendamos ao presidente que escoite a grupos do Concello de Ribadumia como Noite Fechada, que tiveron a ben adicarlle unha canción.
- Libro de citas, para que poida dicir a súa frase favorita ao rematar de ler cada cita.
- Listado de nomes rusos, para que poida comprovar de primeira man que Vladimir é un nome ruso, pero que Dimitir non o é.
Agardamos que o Presidente Mariano Rajoy poida gozar e sacar o maior proveito posíbel aos nosos agasallos, ao tempo que lle desexamos unha boa estancia no noso Concello e lle trasmitimos o noso ánimo ante os dificiles momentos que está a pasar: Mariano, se forte. Apertas