O BNG considera que aínda quedan moita dúbidas por aclarar logo desta demisión
O BNG entende que o Sr. Fole e copartícipe dos problemas xerados debido a súa política cultural e da que aínda mantén temas pendentes que debe aclararlle a cidadania.
Vilagarcía de Arousa, 22 de agosto do 2013.- Para o BNG esta demisión forma parte e é consecuencia da política que ven de practicar o PP na dobre moral e na mentira en que están instalados. Política de falta de ideas, confrontación e falta de dialogo, de corrupción, exclusión do noso e dos nosos, ataque sistemático aos nosos colectivos e creadores
Para o BNG son necesarias e quedan pendentes, despois da demisión do Sr. Fran Gónzalez, por parte do Sr. Fole explicacións como:
- Cal era a labor da Asoc. Dobre espacio no circuíto urbano de karting da Xira Galega?, pola que recibiu unha subvención da Deputación de Pontevedra, pola que se lle preguntou na Pleno de maio, onde o Sr. Fran compareceu, e polo que aínda a día de hoxe ninguén aclarou.
- Que baremos se seguen para as "actuacións de grupos folclóricos" cando a unha comisión de festa lle dan 400 , cando a todas as demáis se lle da 125 ?
- Cales son as xestións realizadas polo goberno ante as cancelacións do mercado medieval de Sta. Rita, da feira pirata e da actuación dos 7setenta en San Roque?
- Por que, sistematicamente, non se conta e se deixa fora do programa das festas a gran maioría dos colectivos e grupos de música, artistas e creadores?
- Canto se vai a pagar por unha actuación onde se anunciaron a 6 cantantes e so actuaron 4, e por riba gran parte do espectaculo foi en "playback"?
- Vaise facer cargo o Concello dos cadros roubados na derradeira exposición da Sala Rivas Briones?
- Cal é o calendario de exposicións na Sala Rivas Briones para o último cuatrimestre de 2013 e principios de 2014?
- Cando vai estar a disposición dos colectivos sociais de Vilagarcía o Salón García da Casa da Cultura de Vilagarcía de Arousa?
- ...
Atopámonos cun goberno que vai de mal a peor, cun ex-Concelleiro de Cultura que fixo boa a anterior Concelleira de Cultura, e estamos seguros que nos atopamos ante unha Concelleira de Cultura, Rocio Llovo, que fará bo ao Concelleiro de Cultura que acaba de demitir.
Atopámonos cun bipartito conservador, que a nivel de política cultural o primeiro ano foi de parálise. este segundo adicouno a lexislar en atacar a nosa cultura e aos nosos artistas e colectivos. Nesta liña o que nos podemos agardar para este ano,é que intenten acabe por exterminar o que queda.
Para o BNG, hoxe non só debería ter demitido o Concelleiro de Cultura, senón que debería ter demitido todo o goberno do Sr. Fole, por ser o verdadeiro responsable de toda esta política de desfeita cultural que estamos a padecer os vilagarciáns.