O BNG CONSIDERA UNHA TOMADURA DE PELO A INAUGURACIÓN POR PARTE DO PP DO PARQUE INFANTIL DA XUNQUEIRA

O BNG CONSIDERA UNHA TOMADURA DE PELO A INAUGURACIÓN POR PARTE DO PP DO PARQUE INFANTIL DA XUNQUEIRA

O BNG considera unha nova desfachatez deste goberno  do PP de Vilagarcía de Arousa o  feito do desembarco do Sr. Louzán, e dunha Deputación anacrónica,  vendéndonos un  anaco de parque infantil de última xeración no parque da Xunqueira, cando  este parque atópase nun estado lamentábel.

Vilagarcía de Arousa, 5 de Agosto do 2013 .- Para o BNG estamos diante dun goberno PP-IVIL de Vilagarcía que intenta tapar a súa incapacidade,  tratando de vender, a través de actos propagandísticos, obras que se nos presentan como un todo e representan unha parte moi pequena do parque da Xunqueira e que pouco ou nada solucionan os problemas reais do noso concello.  Que pasa coa outra metade do parque infantil? Que pasa co adecentamento e arranxo de todo o parque?

No BNG, entendemos que non é de recibo que o Sr. Fole veña a vendernos unha obra que  indo incluída no seu programa de goberno, xa debería estar concluída fai tempo xunto  con todo o seu entorno. E que a día de hoxe non o está pola incapacidade do seu goberno, o cal deixou pasar as subvencións previstas para elo. Unha irresponsabilidade que ademáis pode saírlle moi cara ao noso concello.

Para nós, fica clara a necesidade que ten o PP de vendernos fume neste tempo en que resulta máis patente que nunca a súa falla de xestión para resolver os problemas reais de Vilagarcía de Arousa.

Unha vez máis esixímoslle ao Sr. Fole e ao PP que adiquen os esforzos que empregan en actos meramente propagandísticos e en  buscar titulares  a darlle solución aos graves problemas que nos invaden neste concello.  Problemas que padecemos a diario os vilagarciáns e que transmiten unha imaxe nefasta da nosa cidade aos visitantes.

O BNG CONSIDERA UNHA TOMADURA DE PELO A INAUGURACIÓN POR PARTE DO PP DO PARQUE INFANTIL DA XUNQUEIRA