Prado: Unha vez máis a comarca do Salnés é a gran esquecida nos Orzamentos da Xunta de Galiza

A deputada no Parlamento Galego, Montse Prado compareceu en rolda de prensa para trasladar a opinión do BNG a respecto dos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2016 e facer unha análise destes orzamentos para a comarca do Salnés.
Prado considera estos orzamantos de continuistas e califica de propaganda electoral o incremento do orzamento para o 2016 en casi catrocentos millóns de euros, cando desde a chegada de Núñez Feijoó ao Goberno Galego no 2009, o orzamento reduciuse en dez mil millóns de euros.
O Partido Popular está vendendo uns orzamentos con menos impostos, sen endebedamento, presumen de cumprir co teito de gasto imposto polo Goberno central e con máis recursos, cando realmente sinala a nacionalista, son uns orzamentos que non se axustan ás necesidades dos galegos e galegas por seguir coas políticas de recortes nos servizos públicos e non investir en políticas para xerar emprego.
Comarca do Salnés
A respecto da comarca do Salnés, Montse Prado sinala que volve a ser a gran esquecida nos orzamentos da Xunta para o 2016 e critica a nula implicación do Partido Popular coa comarca.
Para o BNG nestes orzamentos non están as grandes necesidades da comarca, como as mellores dos centros educativos de Rubiáns e Arealonga en Vilagarcía de Arousa, o CEIP da Illa de Arousa ou o colexio Rosalía de Castro en Ogrobe con importantes carencias e necesidades tan denunciadas pola comunidade educativa e considera de fraude e burla a partida de 40.000 euros para o colexio de Vilalonga en Sanxenxo que tanto precisa dun novo centro educativo.
En canto a sanidade, Prado critica a falta de investimentos na comarca onde non se destina nada para os centros de saúde da Illa de Arousa, Ogrobe e Vilagarcía de Arousa que se atopan nun estado de deterioro lamentábel ou a falta de partida á tan demandada ambulancia de soporte vital avanzado na comarca, polo que demostra a falta de compromiso do Partido Popular coa comarca.
O BNG denuncia ademais a falta de partidas concretas destinadas á creación de emprego, e si partidas importantes para o desmantelamento e desguace das embarcacións ou para potenciar a acuicultura, en vez de investir no estudo da mortandade do berberecho, na recuperación dos bancos marisqueiros da ría como o do Saco de Fefiñáns ou os Lombos do Ulla e para o saneamento da nosa ría.
A deputada tamén denuncia a desaparición de investimentos nos servizos públicos da comarca como é o caso dunha partida específica para o Centro de Día en Cambados, en infraestructuras como o vial de Vilagarcía de Arousa a Pontevedra, non aparece o Xulgado de Vilagarcía de Arousa ou a baixa de partidas no sector do comercio que é un dos sectores que máis xera emprego na comarca .
Finalmente, o BNG califica estes orzamentos de insuficentes, que non atenden ás necesidades básicas da comarca do Salnés e reunirase cos diversos sectores e portavoces municipais do BNG da comarca en vistas de presentar as emendas oportunas.