O 70% dos inscritos na comarca do Salnés participaron nas primarias abertas de Iniciativa Pola Unión

O 70% dos inscritos na comarca do Salnés participaron nas primarias abertas de Iniciativa Pola Unión

O responsábel comarcal, Xoán Castaño valorou de moi positivo este proceso de primarias abertas celebrado este domingo pola Plataforma Iniciativa Pola Unión  da que forma parte o BNG, xunto con outras forzas políticas .

Este domingo un 70% das persoas inscritas da comarca do Salnés participaron nas eleIMG-20151108-WA0002ccións primarias abertas convocadas por Iniciativa Pola Unión para a elección de candidatos e candidatas que formarán parte da candidatura pola Provincia de Pontevedra ás Eleccións Xerais baixo o nome de Nós, Candidatura Galega.

Xoán Castaño informou que na comarca estiveron 5 locais abertos nas localidades de Catoira, Cambados, Ogrobe, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa, sinalando que en concellos como Catoira e Sanxenxo votaron o 100% do censo. En Cambados, Vilagarcía de Arousa e Ogrobe votaron o 78%, 62% e 72% respectivamente.

Para o nacionalista este proceso aberto por IpU garante que Galiza terá voz propia no Estado e que as persoas que formarán parte de Nós, Candidatura Galega defenderán os intereses dos galegos e galegas ao ser unha candidatura 100% galega, e sen estar supeditada ás decisións de forzas estatais.

O responsábel comIMG-20151108-WA0008arcal destacou a alta participación da comarca do Salnés e parabenizou á cabeza de lista por Pontevedra Carme Adán polo apoio obtido así como a David Torres, compañeiro do BNG de Ogrobe, que formou parte deste proceso de primarias abertas.

 

 

O 70% dos inscritos na comarca do Salnés participaron nas primarias abertas de Iniciativa Pola Unión