O Partido Popular segue a subir as taxas no Concello de Meis
No pleno celebrado hoxe 30 de xullo, o Partido Popular aprobou coa súa maioría absoluta a subida de dúas novas taxas, a do Servizo de axuda no Fogar para adaptalo ao decreto 99/2012 do 16 de marzo da Xunta de Galiza, e tamén se subiron os cotas a pagar pola Escola Infantil. O BNG no seu día presentou unha moción na que pedía a retirada dese decreto por que deixa sen axudas á maioría dos concellos galegos (os de menos de 20.000 habitantes) como é o caso do de Meis e que obriga no mellor dos casos aos concellos a financiar estes servizos ou no peor dos casos a que desaparezan ou a pagar máis aos usuarios dos mesmos.
Esta moción foi tratada en Pleno e rexeitada cos votos en contra do PP e a abstención do PSOE. O que quere dicir que están de acordo con que se pague máis por estes servizos no noso concello que son básicos para as familias traballadoras e para as que teñen máis dificultades económicas.
Desde o BNG denunciamos a falta de interes do goberno do Partido Popular polo benestar dos veciños e veciñas aos que ten que defender e seguiremos loitando por que baixe as taxas e faga unha xestión dos cartos públicos xusta e equitativa.