GONZALO DURÁN E O PP, ESE PAR DE DOUS
Diante das declaracións aparecidas nos medios esta fin de semana do alcalde de Vilanova cara a miña persoa quero manifestar:
Animo a Gonzalo Durán a ampliar o seu estudo de denuncia co fin de incluír nesta os seguintes casos.
Aqueles cargos políticos da nosa comarca que non cumpren co que se comprometen.
Aqueles cargos que xogan coa necesidade das persoas e organizan colas de entregas de currículos ás portas das institucións que presiden.
Aqueles cargos que despois de semellante fraude bochornoso non se poñen nin colorados.
Aqueles cargos que se moven só aos intereses dos poderosos ou dos amigos.
Aqueles cargos que hipotecan as institucións que presiden.
Aqueles cargos que son condenados por vulnerar os dereitos fundamentais dos seus veciños e veciñas.
Aqueles cargos que entenden o noso territorio como a súa parcela particular.
Aqueles cargos que eluden o debate político coa estratexia do choco, botar tinta para fuxir.
Aquelas organizacións políticas que acubillan a estes personaxes.
Aqueles que criminalizan ao discrepante.
Aqueles todos que se dedican a vender fume e por riba culpar da situación aos outros.
Aqueles que non teñen argumentos para os que propoñen alternativas, só teñen ameazas e insultos.
E fronte a isto o Bloque Nacionalista Galego seguimos aquí.
Xoán Allegue, responsábel comarcal do BNG