UNHA NOVA ESTAFA MÁIS ANTE O RECIBO DA LUZ

UNHA NOVA ESTAFA MÁIS ANTE O RECIBO DA LUZ

O BNG do Salnés organizau unha charla informativa sobre a nova Lei do Sector Eléctrico e da necesidade dunha tarifa propia en Galiza. Neste acto interviron o responsábel comarcal Xoán Allegue, o exparlamentar do BNG Fernando Branco, o asesor enerxético Xosé M. Golpe e a deputada no Parlamento Galego Montse Prado.20140121_203544

O exparlamentar do BNG, Fernando Branco, explicou o funcionamento do sistema eléctrico e o por que do déficit tarifario. Sendo Galiza excendentaria na produción de electricidade, onde o custe real disto é o transporte, pagamos o mesmo polo consumo de electricidade que o resto do Estado Español, que ten as tarifas máis caras de Europa en canto a consumo doméstico e consumo industrial.

Fernando Branco explicou que a maior parte do que pagamos de electricidade é por conceptos que non son puramente eléctricos e que deberían estar incluídos nos orzamentos do Estado en vez de ser soportados polos consumidores.

Ademáis, coa nova Lei do Sector Eléctrico aprobada polo Goberno do PP no mes de decembro de 2013, os galegos e galegas podemos acabar pagando máis pola luz que por exemplo Madrid que non produce enerxía.

O asesor enerxético Xosé M. Golpe explicou ao detalle os contidos do recibo da luz, que logo de aplicar os impostos eléctricos, aplican a maiores o IVE algo que é totalmente incomprensíbel.

Para a nacionalista Monste Prado, isto non é mais que un novo caso de roubo por parte do goberno do PP en Madrid e co consentimento da Xunta de Galiza. Mentras o galegos e galegas estamos a padecer os recortes na educación, na sanidade, nos servizos sociais, rebaixas nos salarios, o PP segue a aplicar medidas que non son para beneficio da maioría social se non para as grandes empresas enerxéticas, para a banca, etc.

Desde o BNG que vimos demandando unha tarifa eléctrica propia para Galiza, por ser excedentaria na produción de electricidade, padecendo os custos sociais e medioambientais coa explotación dos nosos recursos naturais, defenderemos nas distintas institucións manter o subministro eléctrico a todas aquelas persoas sen recursos que non poden pagar o recibo da luz e instar á Xunta de Galiza a recurrir a nova Lei do Sector Eléctrico.

Cunha tarifa eléctrica propia galega non só nos beneficiaríamos os consumidores, tamén as empresas podendo así xerar máis emprego.

 

UNHA NOVA ESTAFA MÁIS ANTE O RECIBO DA LUZ