O BNG DENUNCIA A SITUACIÓN DE ABANDONO NA QUE ESTÁ A COMARCA DO SALNÉS
A deputada parlametar do BNG Montse Prado, xunto co responsábel comarcal Xoán Allegue, compareceron en rolda de imprensa para denunciar a situción tremenda de abandono na que está a nosa comarca froito das políticas do PP na Xunta de Galiza.
Para a nacionalista os datos da comarca desminten totalmente toda a política de propaganda ao que nos ten sometidos a Xunta de Galiza. Unha comarca como O Salnés, con enormes potencialidades, está a perder cada día poboación, destrúese emprego e cun aumento do paro desde a chegada do Sr. Núñez Feijoó ao goberno. Un goberno que non actúa ante os problemas da nosa comarca, como por exemplo, ante situacións vividas en Alfageme, Cuca, Residencia de Valle-Inclán, coa mortandade do marisco en Carril, as deficencias sen solucionar en centros de ensino como o de Rubiáns, o A. Magariños de Cambados, ou o de Vilalonga.
Para Prado estamos ante un goberno soberbio que non é capaz de recoñecer e retificar cando se equivoca, un goberno mentireiro que non fai máis que promesas incumpridas e un goberno incompetente porque non dá solución algunha aos problemas da nosa comarca.
Ademais a nacionalista denunciou o desleixo da Xunta de Galiza e da Consellaría de Sanidade ante a ampliación do Hospital do Salnés. Ampliación que no 2009 cando entrou o Sr. Feijoo a gobernar dixo que ía ser prioritario e ata o día de hoxe o único que fixo foi reducir cado ano o orzamento destinado a dita ampliación. A nacionalista denuncia que os veciños e veciñas do Salnés non contan para nada para o Partido Popular. Seguen os mesmos problemas nos centros de saúde, listas de espera de máis dunha semana para acudir ao médico de cabeceira, pérdida de capacidade de decisión coa Área de Xestión Integrada Pontevedra-Salnés, ademáis da creación do mapa de derivacións sanitarias que dependendo do tipo de patoloxía poden ir a 10 hospitais distintos, algúns deles incluso privados.
Desde o BNG do Salnés presentaranse iniciativas no Parlamento Galego para que o Sr. Núñez Feijoo dé explicacións das actuacións e medidas para a nosa comarca.
O responsábel comarcal, Xoán Allegue comenzou a súa intervención sinalando que na nosa comarca perpetúase o roubo polas políticas deseñadas do PP, cunha sanidade en proceso de desmantelamento, con máis impostos aos pequenos empresarios e autónomos que van sufrir aínda máis os efectos da crise e todo isto por seguir os ditames das políticas impostas por Madrid e Bruxelas.