MOCIÓN CONTRA A SUBA NAS TRIBUTACIÓNS DAS PERSOAS AUTÓNOMAS E PEQUENAS EMPRESAS

MOCIÓN CONTRA A SUBA NAS TRIBUTACIÓNS DAS PERSOAS AUTÓNOMAS E PEQUENAS EMPRESAS

Preme na ligazón interior para vela moción.

O BNG denunciará nos plenos da comarca e na rúa a suba nas tributacións das persoas autónomas e pequenas empresas decretadas polo PP, medida que destruirá emprego.

Nesta semana saltou á opinión pública que o PP no goberno do Estado aprobou un decreto para aumentar a recadación nas empresas convertindo en cotizábeis conceptos que ata o de aquí non o eran. Un decreto aprobado de xeito covarde e con alevoisía xa que non se negociou con ninguén e pretendíase que tivera a menor publicidade posíbel.

Ese decreto contén, ademais, unhas modificacións que van ter unha enorme repercusión negativa na xeración de emprego e no mantemento do actual. O goberno non é quen de xerar ningún tipo de dinámica positiva para a crear emprego e ademais agora pon trabas para que as empresas e autónomos o creen.

Dende o BNG imos unha iniciar unha campaña de denuncia pública co que este decreto vai significar no tecido das pequenas e medianas empresas e no ámbito dos traballadores autónomos. Nestes momentos, case 60 euros por mes para uns e 60 euros por ano para outros son cantidades inasumíbeis para a grande maioría.

Tanto as pequenas como os autónomos son a base da creación de emprego e de que se conserve o actual. Calquera medida que reduza a súa viabilidade é nestes momentossuicida. É por isto que o BNG aparte de denunciar a situación abafante que viven moitos destes autónomos e pequenas empresas.

Mocion suba cota autonomos 170114

MOCIÓN CONTRA A SUBA NAS TRIBUTACIÓNS DAS PERSOAS AUTÓNOMAS E PEQUENAS EMPRESAS