Non sabe, non contesta

Non sabe, non contesta

A Consellería do medio Rural e do Mar ben de dar resposta á pregunta formulada pola deputada do BNG Montse Prado no Parlamento Galego, sobre as medidas previstas pola Xunta para rexenerar o banco marisqueiro do Saco de Fefiñáns. Para o BNG, unha vez lida a contestación da Consellería pode concluír que realmente non se da resposta ao preguntado, o que a estas alturas xa non resulta ningunha novidade.

O portavoz Víctor Caamaño sinala que a resposta comeza cunha acumulación de mentiras no primer parágrafo, pois afirma, primeiro, que o Saco está conectado co mar unicamente pola canle do porto de Tragove polo que “ou menten ou son uns ignorantes ou son as dúas cousas, que tamén é moi posíbel”. Así mesmo desde a Consellaría do Mar argumentan que iso é a causa da baixa produtividade do banco marisqueiro “nova mentira, pois o banco é moi produtivo aínda que non se pode comercializar o produto por ser zona C” e, ademais, a resposta non fai mención ao decisivo problema do saneamento “nova mentira por omisión” que é a verdadeira causa da penosa situación do banco e que ten uns responsábeis nos representantes políticos do PP.

No segundo parágrafo din que o banco non está pechado, que simplemente é zona C; outra novidade reitera o nacionalista “en Cambados xa o sabiamos”. Afirman que é zona C coma se isto fose unha casualidade, coma se a Xunta non tivese ningunha responsabilidade no saneamento das rías. Iso si, anunciar millóns e millóns de euros en saneamento, o PP faino de marabilla cada poucos meses, pero despois a realidade demostra que todo se queda en publicidade.

Para o BNG o único que fai a Consellaría de Medio Rural e do Mar é desentenderse do que reVíctor Caamaño.almente se lle estaba a preguntar, que era sobre as medidas que tiñan pensado tomar para rexenerar o banco marisqueiro do Saco. Semella que non teñen pensado tomar ningunha actuación ao respeto e que as mariscadoras se busquen a vida. Para Víctor Caamaño isto non é unha novidade, pois se o traballo das mariscadoras a pé en Cambados leva anos dando os seus froitos, non é precisamente pola implicación da Xunta, senón pola dedicación e compromiso das traballadoras do mar.

 

Non sabe, non contesta