Montse Prado pregunta sobre as obras para ampliación do Hospital do Salnés

Montse Prado pregunta sobre as obras para ampliación do Hospital do Salnés

A deputada do BNG, Montserrat Prado, leva á Comisión de Sanidade unha batería de preguntas sobre o cronograma para realizar as obras de ampliación do Hospital do Salnés.

A ampliación do Hospital do Salnés, tan necesaria e tan demandada tanto pol@s usuari@s como polo persoal sanitario é un claro exemplo da forma de actuar do Partido Popular na Xunta de Galiza, onde a prioridade é a política de propaganda.

Montse Prado critica que o Goberno galego leva seis anos de mentiras e enganos aos veciños e veciñas da comarca do Salnés e @s profesionais, “estivo a xogar coa ampliación, coas datas de licitación e agora coas datas de execución”.

A nacionalista denuncia que a ampliación do Hospital do Salnés que ía realizarse emontse pradon 2009, sigue sendo, a pouco de rematar o 2014, unha incógnita a data na que esta ampliación será unha realidade. Tres meses despois de que o Consello da Xunta tomaba o acordo polo que se autorizaba a contratación das obras de ampliación do Hospital Comarcal do Salnés as obras aínda non comezaron.

De tod@s é sabido que o 80% dos recursos do investimento de ampliación do Hospital do Salnés proveñen dunha solicitude de Fondos Europeos que teñen como data tope para a realización da obra o ano 2015. Si resulta difícil de entender que a Xunta de Galiza anunciara un prazo de execución de 27 meses, co cal no mellor dos escenarios de que comecen as obras este mes de outubro e non se produza ningunha demora, o remate sería en xaneiro de 2017, é dicir, moito despois do prazo que establecen para a xustificación os Fondos Europeos, aínda é máis que na intervención do Presidente da Xunta do Debate do Estado da Nación realizada o pasado martes 7 de outubro, dixera que a ampliación do Hospital do Salnés rematará en 2016.

Finalmente, a deputada do BNG pregunta que reorganización está prevista para que a realización das obras permita continuar con normalidade a actividade nos servizos afectados e ,si se consultou e informou ao persoal para dita planificación desta reorganización.

 

Montse Prado pregunta sobre as obras para ampliación do Hospital do Salnés