O BNG DO SALNÉS ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O NEGOCIO DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS

O BNG DO SALNÉS ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O NEGOCIO DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS

2014-01-21 Acto BNG O Salnés EléctricasO BNG do Salnés organiza en Vilagarcía unha charla informativa sobre a nova Lei do Sector Eléctrico e da necesidade dunha tarifa propia en Galiza.

Para o BNG o suposto déficit tarifario non é máis que unha xustificación do goberno do Estado para incrementar ano tras ano o prezo da enerxía aos usuarios e usuarias, que soportan a factura máis cara de Europa, en beneficio só das grandes compañías eléctricas españolas.

Ademais, Galiza é excedentaria na produción de electricidade, padecendo os custos sociais e medioambientais coa explotación dos nosos recursos naturais, sen obter ningún beneficio desta condición. Por iso, é que desde o BNG vimos demandando unha tarifa eléctrica propia, cunha redución do prezo da electricidade, onde non só se beneficiarán as familias, senon tamén as empresas e as industrias do país para poder manter a súa actividade ante os elevados custes enerxéticos.

Con este acto, o BNG do Salnés denuncia os escuros recibos da luz, as subidas constantes e desproporcionadas do prezo da enerxía, o espolio dos recursos naturais de Galiza e a tributación en Madrid por parte das empresas que se aproveitan dos nosos recursos.

A charla, aberta a todas as persoas interesadas, será o martes 21 de xaneiro, ás 20.30 h., no Seminario 1 do Auditorio Municipal de Vilagarcia ademais de tratar sobre o negocio das compañáis eléctricas explicarase o que di o noso recibo da luz. Intervirán Xoán Allegue, responsábel comarcal; Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego; Fernando Branco, exdeputado do BNG e Xosé M. Golpe, asesor enerxético.

O BNG DO SALNÉS ORGANIZA UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE O NEGOCIO DAS COMPAÑÍAS ELÉCTRICAS