Manuel Domínguez Rey, novo responsábel comarcal do BNG O Salnés

Manuel Domínguez Rey, novo responsábel comarcal do BNG O Salnés

Manuel Domínguez, natural de Cambados, biólogo e educador ambiental de profisión, substitúe no cargo a Xoán Xosé Castaño que será o vice-responsábel comarcal.

O BNG do Salnés renovou o Consello Comarcal coa presentación dunha única candidatura, encabezada por Manuel Domínguez, e aprobada por unanimidade na Asemblea Comarcal celebrada este martes.

O novo responsábel comarcal destacou a representatividade do consello comarcal integrada por persoas de distintos ámbitos sociais e laborais, algunhas que xa participaron no anterior consello comarcal e con novas incorporacións.

Na súa intervención na asemblea comarcal, Manuel Domínguez agradeceu o apoiFOTO MANUEL DOMINGUEZ 1o dos e das militantes á súa candidatura e comprometeuse, xunto co novo consello comarcal, a traballar na defensa dos sectores produtivos da comarca e na loita para combater os recortes en políticas sociais e servizos públicos levados a cabo polo PP na Xunta de Galiza e no Estado.

Manuel Domínguez manifestou ademais que un dos principais obxectivos é por en marcha os acordos adoptados na XV Asemblea Nacional do BNG “traballaremos desde o Salnés para afortalar o proxecto nacionalista como única alternativa na defensa dos intereses dos galegos e galegas”.

No novo Consello Comarcal estarán presentes ademais Montse Prado, deputada no Parlamento Galego; @s portavoces municipais de Cambados, Meis, Ogrobe, Sanxenxo e Vilagarcía e persoas que por primeira vez formarán parte deste órgano como Helena Vilas de Sanxenxo; Vanessa Meis, militante de Galiza Nova ou Marta Ferreiro, profesora de secundaria.

Ao Consello Comarcal incorporarase @s responsábeis locais do BNG que serán elexid@s nas vindeiras semanas para rematar co proceso asemblear do BNG iniciado coa celebración da XV Asemblea Nacional.

CONSELLO COMARCAL BNG O SALNÉS: Manuel Domínguez, responsábel comarcal; Xoán Xosé Castaño, vice-responsábel comarcal; Sandra Fernández Agraso, Vanessa Fariña, Heladio Outeiro, Duarte Correa, Ester Vázquez, Marta Ferreiro, David Torres, David Otero, Lucía César Veloso, Vanessa Meis, Xabier Ríos, Víctor Caamaño, Montse Prado, María Villaronga, Xosé Henrique García, Pilar Xiráldez e Helena Vilas.

 

Manuel Domínguez Rey, novo responsábel comarcal do BNG O Salnés