Outro machadazo ás economías máis débiles de Catoira

Outro machadazo ás economías máis débiles de Catoira

O equipo de goberno de Catoira quere crear unha ordenanza fiscal municipal reguladora do prezo público polo emprego das instalacións e por impartir ensinanzas na escola de música municipal, que entraría en vigor para o vindeiro curso 2013/14.

Esta ordenanza crea uns prezos que van supoñer un novo machadazo ás economías máis febles, ao tempo que supón un freo para que as familias con menos recurso poidan acceder a este servizo o que aumenta as diferencias sociais xa que o que ten medios poderá optar e o que non quedará discriminado.

Ata o de agora pagábase 35 € ao mes por instrumento, pois ben a partir da entrada en vigor desta ordenanza a

 

maiores pagarase a matrícula que son 30 €. Introdúcese tamén a cota mensual de 15 € nas especialidades de Música e movemento, Preparatorio, Linguaxe Musical e Linguaxe Adultos (segundo cadro que adxunto). A maiores vaise cobrar unha cota mensual de 8 € por aluguer de instrumento.

Este novo aumento dos “impostos” aos veciños e veciñas de Catoira, obedece as ansias recadatorias do alcalde. O concello está endebedado ata tal punto que o equipo de goberno non dubida en machacar ás familias máis humildes para seguir adiante con unha obra innecesaria e que vai levar ao concello á banca rota, o MULTIUSOS.

[gallery]

Outro machadazo ás economías máis débiles de Catoira