O BNG do Salnés solicita nos Concellos que se opoñan ao proxecto do aeródromo de Godos.
O BNG do Salnés presentará hoxe nos concellos polos que pase o río Umia escritos nos que se solicita que se informen negativamente ao proxecto do aeródromo de Godos no concello de Caldas.
Ademais o BNG esixe que se posicionen en contra deste proxecto, que o fagan público e que manteñan esta negativa en toda aquela documentación que se lles requira.
Ademais o BNG tamén incide na necesidade de que no caso de couber sexan os propios concellos que aleguen contra o aeródromo.
Desde o BNG consideramos que a instalación e consolidación deste proxecto no marxe do río Umia é prexudicial tanto para a saúde humana como para o medio ambiental.
Cabe destacar que a ubicación non é a adecuada por ser unha zona anegábel e polo tanto con enormes riscos.