Solidaridade coas familias das vítimas e agradecemento a unha Galiza conmocionada
O BNG, cuxa Executiva mantivo unha reunión de urxencia, traslada a súas condolencias e o seu total apoio ás familias das vítimas do terrible accidente ferroviario que ten conmocionado a Galiza, e súmase a todos os actos convocados no país para expresar o seu pesar pola traxedia e colocarse ao lado de quenes máis sofren nestes momentos luto.
No medio da profunda dor derivada da traxedia, o BNG quere salientar e agradecer a solidaridade dos galegos e das galegas que, desde o primeiro minuto, participaron con total entrega e sen reservas nas labores de rescate e de auxilio ás vítimas, sobrepoñendose as circunstancias. Salienta a pronta e eficiente reacción de todos os servizos públicos de emerxencia, dos profesionais da sanidade, dos cidadáns que acudiron en masa a doar sangue, do conxunto dos galegos e galegas e, en particular, dos veciños da parroquia de Angrois.
O BNG ponse a disposición das familias e súmase a todos os actos que se convoquen en sinal de dó polas vítimas. Igualmente, traslada o seu apoio e solidaridade aos feridos hospitalizados, que son a primeira prioridade, aos desexa unha pronta e completa recuperación.
O BNG confía en que, á maior brevidade e con total rigor, se leve a cabo unha investigación que aclare completamente as causas que motivaron este tráxico accidente ferroviario, que se determinen as causas que provocaron a traxedia e que se diriman as posibles responsabilidades. Unha esixencia que o BNG considera imprescindible, tanto como sinal de respeto coas vítimas como para evitar que nada similar poda volver a suceder nunca máis.