A DESFEITA QUE ACONTECE CO PARQUE DA COCA É UNHA CLARA MOSTRA DA INCAPACIDADE DO PP DE VILAGARCÍA

A DESFEITA QUE ACONTECE CO PARQUE DA COCA É UNHA CLARA MOSTRA DA INCAPACIDADE DO PP DE VILAGARCÍA

O BNG considera que o abandono que están a sufrir os nosos parques e espazos públicos é unha clara mostra do desgoberno o que sr. Fole ten sometida a Vilagarcía de Arousa. Unha incapacidade, que como xa temos denunciado dende o BNG, fai que bipartito conservador lle resulte moi caro a cidade de Vilagarcía de Arousa.

Vilagarcía de Arousa, 2 de Novembro do 2013.- O que aconteceu estes días no Parque da Coca, é unha clara mostra da deixadez coa que ven actuando o PP e como esta condenando e levando a Vilagarcía, a unha destrución dos espazos públicos e de imposibilitar do seu desfrute aos cidadáns.

Neste sentido o Parque da Coca é un claro exemplo da deixadez do PP; dende o BNG veuse solicitando dende fai máis dun ano a súa reparación, e dende Xuño do 2012 pleno tras pleno, pois ben, pasaron 2 veráns sen que o goberno tomase medidas e agora vese como sucede o que o BNG advertía que ia pasar. Ao non repoñer e refacer os muros de contención das beiras a auga acabou por arrastrar a terra do parque e con ela todo elemento do mesmo, incluído o paseo.

O BNG considera que estamos diante dun bipartito conservador que unha vez máis, facendo oídos xordos as denuncias do BNG, leva as arcas municipais a ter que desembolsar unha cantidade moi superior de diñeiro, nunha obra para reparar uns desperfectos provocados polo abandono que o bipartito conservador ten sometido a Vilagarcía de Arousa, e que serían moi necesarios para outras actuacións. Un despilfarro innecesario de ter tomado as medidas necesarias no momento en que por unanimidade se aprobou a moción do BNG, no pleno de novembro de 2012,.e a partir dese día se tomasen as medidas necesarias.

Para o BNG o Sr. Fole ten convertido como sinal de identidade do seu mandato de o abandono dos espazos públicos (rúas, beirarrúas, parques,...etc.) tanto no rural como tamén no mesmo centro de Vilagarcía de Arousa.

Un PP, polo tanto, que lle está a saír moi  caro aos vilagarciáns por incompetente, incapaz de dar solucións aos moitos problemas que esta a padecer Vilagarcía e permitir que se vaia caendo a cachos a mesma sen tomar ningunha medida.

A DESFEITA QUE ACONTECE CO PARQUE DA COCA É UNHA CLARA MOSTRA DA INCAPACIDADE DO PP DE VILAGARCÍA