O BNG de Ribadumia consegue que o PP rectifique a ordenanza sobre a piscina

O BNG de Ribadumia consegue que o PP rectifique a ordenanza sobre a piscina

Os nacionalistas lamentan que non se fixeran antes e coonsideran que a reforma é insuficiente

No pleno que se vai celebrar este xoves en Ribadumia, o PP vese obrigado a rectificar unha ordenanza sobre a piscina do 2008. Con todo os nacionalistas lamentan que estes cambios non sexan máis amplos. Neste sentido o portavoz do BNG, Xoán Allegue, lembra que “cando propuxemos este cambio ia acompañado de outros moitos. Este corrixe unha situación impresentábel mais a ordenanza segue a ser moi mellorábel e por iso proñemos que se revise en profundidade. Felicitámonos de que esta posición sexa agora asumida por máis grupos”.

O BNG fai fincapé no sentido que para os nacionalistas deberían ter estas ordenanzas: protexer o acceso e o uso público para toda a veciñanza e facer de atractivo para atraer visitantes que dinamicen a localidade. Aquí se enmarcan outras propostas dos nacionalistas, como empregar os atractivos deste tipo do concello para dinamizar a economía local, comercio, hostalería, ...

Con todo o BNG afirma de que  “non temos moitas esperanzas de que se consoliden estes cambio. O PP segue instalado no non polo non e por iso rexeita outras propostas” e pon de exemplo a de crear un lugar de abrigo no colexio de Ribadumia, rexeitado polo PP e segundo os nacionalistas unha necesidade apremiante.

Ademais, o BNG denuncia que novamente as mocións do BNG non serán tratadas neste pleno “porque non hai valentía necesaria para isto”. A moción en contra dos repagamentos de medicamentos é unha necesidade que o PP non se atreve a abordar en Ribadumia. Así ,mentres outros galegos se levantan contra estas inxustas decisións, o PP de Ribadumia asumeas sen dicir nin chío, xa que o Goberno que preside Salomé ten vontade para facer campos de fútbol mais non para facer xustiza cos veciños enfermos.

O BNG de Ribadumia consegue que o PP rectifique a ordenanza sobre a piscina