DECEPCIONANTE, POUCO CLARA E PERIGOSA SON OS CALIFICATIVOS A RESPOSTA DE EDUCACIÓN

DECEPCIONANTE, POUCO CLARA E PERIGOSA SON OS CALIFICATIVOS A RESPOSTA DE EDUCACIÓN

DECEPCIONANTE, POUCO CLARA E PERIGOSA SON OS CALIFICATIVOS QUE MERECEN PARA O BNG, A RESPOSTA DADA POLA CONSELLERÍA DE EDUCACION A TRAVÉS DA VOCEIRA DO GOBERNO DO PP DE VILAGARCÍA DE AROUSA ROCIO LLOVO.

O BNG considera decepcionante a xestión feita polo goberno Fole a través da súa voceira, diante da posibilidade de peche das escolas de educación infantil (EEI) no concello de Vilagarcía de Arousa. Cunha aptitude máis propia de un mero recadeiro (“En respuesta al acuerdo tomado en la sesión plenaria del lunes 26 de Mayo de 2014 en relación a la moción de urgencia presentada por el Bloque Nacionalista Gallego, por el mantenimiento de las escuelas de educación infantil en el ayuntamiento de Vilagarcía de Arousa, se comunica que una vez realizadas las gestiones necesarias con el jefe territoral, no hay adoptada ninguna decisón de cierre de dichos centros, estando a la espera de la evaluación de las matrículas y su cumplimiento con la normativa.”) que do Goberno do Concello de Vilagarcía de Arousa.

Para o BNG resultan preocupantes as declaracións da Consellería de Educación por non definir as súas intencións, non o son menos a actitude de sumisión que ten adoptado o PP sobre este tema.

Para o BNG non se pode entender nin admitir que un Goberno Municipal responsábel de proporcionar e manter os servizos públicos aos veciños. Se limite a dicir amén e asentir a todo aquelo que se indique dende as outras administracións onde goberna o seu propio partido, pondo a obediencia ao seu partido por enriba dos intereses dos vilagarciáns.

Para o BNG tampouco é de recibo que a estas alturas, un ano máis e logo do acontecido o ano pasado, se sigan repetindo actitudes de pasividade e complicidade cando están en xogo algo tan importante como é manter aos nenos e nenas escolarizados o máis preto do seu domicilio e do seu entorno familiar e evitar o peche das unidades, cando ademais non hai razóns para facelo.

O BNG considera inadmisíbel que un goberno dun concello en vez de poñerse do lado das súas veciñas e veciños, máis nun problema tan importante como é o peche destes centros de ensino, sexa cómplice das decisións dos seus e prexudique a cidadanía de Vilagarcía.

Debería de ser unha prioridade para Fole pelexar para manter estas escolas abertas, prioridade para manter a calidade de vida das veciñas e veciños e prioridade para fixar a poboación nas zonas rurais e non contribuír a súa desertización

Dende o BNG solicitámoslle ao PP de Vilagarcía e a súa voceira e concelleira de educación, que se tomen dunha vez en serio o grande problema que suporía para este concello o peche destas unitarias, que se tomen en serio a angustia e sufrimento (inquedanza) das nais e pais e atendan as súas demandas e tamén cumpran os acordos da moción presentada polo BNG e aprobada no pleno.

O BNG vai a seguir opoñéndose e combatendo as políticas de recortes no ensino público para favorecer o privado postas en marcha polo PP. E neste caso seguiremos dando o noso apoio as demandas deste colectivos de pais e nais para a continuidade destas escolas unitarias.

 

DECEPCIONANTE, POUCO CLARA E PERIGOSA SON OS CALIFICATIVOS A RESPOSTA DE EDUCACIÓN