O BNG INSTA Á XUNTA DE GALIZA A MANTER ABERTAS AS ESCOLAS UNITARIAS NA COMARCA DO SALNÉS.

O BNG INSTA Á XUNTA DE GALIZA A MANTER ABERTAS AS ESCOLAS UNITARIAS NA COMARCA DO SALNÉS.

A deputada do BNG, Montse Prado, rexistrou unha serie de iniciativas instando á Xunta de Galiza a manter abertas as escolas unitarias rurais da comarca do Salnés que estiveron en funcionamento neste curso.

Prado lembra, que no pasado curso, en varios concellos da comarca do Salnés, aproximadamente por estas datas, producíase un importante conflito debido á intención de pechar varias escolas rurais anunciada pola Administración Educativa, escolas que tiñan unha previsión de matrícula suficiente para manterse abertas.

Para a nacionalista, é incomprensíbel que a punto de rematar o curso escolar, xurda novamente entre os pais e nais afectados da comarca a preocupación polo futuro das súas escolas rurais dado que até o momento a Xefatura Territorial de Educación non ten confirmado que as escolas se manterán abertas pese a que todas elas contan cunha previsión de matrícula suficiente para o vindeiro curso 2014/2015.

Ante esta situación, a parlamentaria presentou unha serie de preguntas para que a Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación UniversiDSC_0612taria informe sobre o futuro das escolas unitarias do Salnés e en que data ten previsto comunicarlle tanto ao profesorado, que a día de hoxe descoñece onde vai desenvolver o seu labor docente, como aos pais e nais afectados cal vai ser a situación para o vindeiro curso.

 

O BNG INSTA Á XUNTA DE GALIZA A MANTER ABERTAS AS ESCOLAS UNITARIAS NA COMARCA DO SALNÉS.