UN NOVO ATAQUE DO PP Á CULTURA LOCAL E GALEGA

UN NOVO ATAQUE DO PP Á CULTURA LOCAL E GALEGA

O PP amosa de novo a súa faciana máis destrutora para a cultura local e galega, coa súa falta de apoio ao Festival Revenidas.

O BNG, de novo, igual que fixo mentres estivo no goberno, compromete o seu apoio ao Festival Revenidas pola súa representividade cultural e polo que supón de dinamización para diferentes sectores en Vilaxóan e Vilagarcía de Arousa.

Dende a nosa formación consideramos que este Festival é un referente a nivel cultural en Vilagarcía e Galiza, e ademáis tamén son importantes para sectores estratéxicos como o turismo, o comercio e a hostalaría.

O BNG é critico coa politica de recortes por parte do Concello e da Xunta do PP que minimiza ao máximo e incluso anula as axudas institucionais para este festival alternativo, ata provocar a súa morte.

É este o final que Fole e o PP de Vilagarcía tiñan para o Festival Revenidas ao declaralo Festa de Interese Turístico Galego hai tan so uns meses? A que están xogando ou a quen pretenden enganar?

É vergoñento comprobar como para Vilagarcía de Arousa, dende que está o PP no Concello e na Xunta, está perdendo activades culturais que eran punteiras na súa modalidade, como era o Festival fotográfico Proxecta, o Festival do Norte, a exposición "Galicia en Foco", o Urban Vga, o serán Nos de Sobradelo, a baixa utilización dos espazos culturais municipais por parte do Concello...

O BNG non se deixará arrastrar por unha política de recortes orzamentarios especialmente centrados no ámbito da actuación cultural.

Concebimos a política cultural municipal non só como un labor de difusión, senón coma un conxunto no que debe ter cabida o apoio á creación, á produción propia, á investigación e ao asociacionismo cultural.

Dende o Bloque Nacionalista Galego consideramos que unha política cultural verdadeiramente enraizada no país contribúe de xeito crucial ao noso autocoñecemento e autovaloración como pobo, que son bases esenciais para o desenvolvemento económico.

Para nós a cultura é unha ferramenta imprescindíbel, é un sector estratéxico que cómpre dotar dos recursos suficientes pois prescindir da cultura conduce á barbarie.

Defendemos a triple vertente da cultura: identitaria, social e económica. Identitaria porque somos pobo porque temos unha lingua e cultura propias, que ademais nos fan universais. Social, porque o acceso á cultura é unha compoñente básica de benestar e de progreso, é un dereito social e dende o ountto de vista económico porque é imposíbel modificar o patrón de crecemento se se prescinde da cultura.

O BNG considera que Vilagarcía de Arousa non merece un Goberno Inculto, un Goberno como o de Rocio Llovo e Fole que menosprezan e minusvaloran a diario o sector cultural, Un Goberno que ten como única aposta o patrocinio das procesións, mantillas e peineta, e que esta retrotraendo ao Concello de Vilagarcía de Arousa a épocas escuras e xa pasadas da nosa historia; épocas que deberían estar xa superadas. Un Goberno que aposta por un pobo sen cultura para controlalo, pois o BNG non vai permitilo e aposta por dotar de rendibilidade social ao traballo cultural e pór en valor as diferentes manifestacións culturais locais e galegas.

UN NOVO ATAQUE DO PP Á CULTURA LOCAL E GALEGA