O BNG VAI SOLICITAR NO CONSELLO DE XERENCIA DE URBANISMO A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO PADEL

O BNG VAI SOLICITAR NO CONSELLO DE XERENCIA DE URBANISMO A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO PADEL

O BNG solicitará no Consello de Xerencia de Urbanismo, de mañan, ademáis da apertura dun expediente e informe sobre estas obras, tamén unha reprobación sobre as manifestacións feitas polo alcalde e Presidente do Consello de Xerencia Sr. Fole.

Para o BNG, resulta grave o feito que se teñan iniciado unhas obras sen a correspondente licenza, pero aínda máis o feito que o propio alcalde teña manifestado que estas obras forman parte da política do PP de hipotecar o futuro da fachada marítima de Vilagarcía de Arousa para poñerlle distintos negocios (falan tamén dun hotel no ramal), nas mans de empresas amigas.

Unha política para o BNG totalmente inaceptable cando se trata de favorecer aos amigos a costa de prexudicar a cidadanía de Vilagarcía de Arousa; e máis se cabe cando estes feitos resultan un agravio e competencia desleal para aqueles outros, que estando actualmente en funcionamento están a sufrir para saír adiante, pola falta dunha  política de promoción da cidade e do turismo do Sr. Fole. De quen solicitamos que o tempo que lle adica as empresas amigas, llo dedique ao pequeno comercio de Vilagarcía para a súa promoción, coa fin de estimular a actividade comercial.

Neste sentido o BNG vai a solicitar neste Consello de Xerencia a inmediata posta en marcha dunha política de recuperación da fachada marítima e franxa costeira que contemple, dunha vez por todas, a eliminación e desmantelamento de elementos como os depósitos do Ferrazo e permita a incorporación do mar como elemento fundamental da Vilagarcía de Arousa do futuro.

Porque para o BNG a recuperación da fachada marítima de Vilagarcía e facer da súa costa e do mar un elemento fundamental para a Vilagarcía de Arousa do futuro. Pola contra comprobamos como esta política, choca frontalmente coas intencións do PP de, servíndose das distintas administracións, parcelar o chan público para poñelo a disposición de empresas amigas.

Dende o Bloque Nacionalista Galego entendemos que é preciso tomar medidas urxentes coa fin de parar estas actuacións que están a poñer en marcha dende o PP e que van a hipotecar o futuro da nosa cidade; e é por isto polo que vamos a solicitar do Concello e do goberno do Sr. Fole poña os intereses de Vilagarcía por enriba do dos seus amigos,  e inicie a paralización destas actuacións e dando un xiro de 180º a súa política poña en marcha de forma inmediata un plan de recuperación da fachada marítima de Vilagarcía de Arousa.

O BNG VAI SOLICITAR NO CONSELLO DE XERENCIA DE URBANISMO A PARALIZACIÓN DAS OBRAS DO PADEL