O BNG SOLIDARIZASE COS TRABALLADORES DE LANTERO

O BNG SOLIDARIZASE COS TRABALLADORES DE LANTERO

O BNG SOLIDARIZASE COS TRABALLADORES DE LANTERO E PIDELLE AO GOBERNO DE FOLE QUE ATENDA AOS TRABALLADORES E AS SÚAS RECLAMACIÓNS.

O BNG esíxelle ao PP de Vilagarcía de Arousa que lle dé prioridade o mantemento e defensa dos postos de traballo fronte os intereses do empresario e faga cumprir o convenio que esta empresa ten asinado co Concello.

O BNG manifesta o seu rexeitamento a actitude que esta a tomar o Sr. Fole na que está a dar prioridade as conversas coa empresa sen atender previamente as reivindicacións dos traballadores. Unha actitude de dar prioridade a empresa propia da política que están levando adiante os gobernos do PP, e que están a propiciar a redución de postos de traballo e precariedade laboral.

Para o BNG non é admisible que o Concello de Vilagarcía de Arousa, onde a precariedade laboral e o paro teñen alcanzado os índices máis altos de Galiza, un Concello no que estamos a ver como as poucas empresas que quedan estanse a marchar (deslocalización) sen que este goberno faga nada por impedilo. En definitiva, non resulta de recibo que nun concello que esta a cabeza do paro se segan a permitir por parte do PP capitaneado por Fole que as empresas incumpran os seus compromisos e segan despedindo traballadores e precarizando aínda máis as súas condicións económicas e laborais.

Lembramos ao PP que a situación en Vilagarcía é dramática con máis de 5 mil parados, multitude de familias sen ingresos e que teñen que acudir as distintas ONGs en busca de alimentos para sobrevivir, con un comercio que esta agonizando, unha falta de industria alarmante, e os nosos sectores produtivos sen explotar.

Diante disto temos un PP e un Sr. Fole que están a mirar para outro lado, máis centrados en aumentarlle as taxas e impostos aos cidadáns, que de poñer en marcha políticas para paliar as necesidades sociais e de creación de emprego.

Por todo isto o BNG esíxelle ao goberno do Sr. Fole que nestes momentos deixe de lado a súa política meramente electoralista de creación de “fontes luminosas” e se centre no que resulta realmente importante como é a defensa dos postos de traballo en Vilagarcía de Arousa aplicando e facéndolles cumprir os convenios as empresas, como no caso de Lantero, e se tome en serio dunha vez por todas a situación tan dramática que esta a padecer as veciñas e veciños de Vilagarcía e poña en marcha de forma urxente políticas que fomenten a creación de emprego.

O BNG SOLIDARIZASE COS TRABALLADORES DE LANTERO