O BNG ESIXE AO GOBERNO GALEGO QUE ADOPTE AS MEDIDAS OPORTUNAS EN DEFENSA DA ARTE ARTESANAL DO XEITO.

O BNG ESIXE AO GOBERNO GALEGO QUE ADOPTE AS MEDIDAS OPORTUNAS EN DEFENSA DA ARTE ARTESANAL DO XEITO.

Os deputad@s no Parlamento Galego Montse Prado e Daniel Rodas presentaron en rolda de imprensa as iniciativas que o BNG está a presentar nas institucións e nos concellos afectados instando ao Goberno galego a tomar medidas en defensa da arte artesanal do xeito despois de escoitar as demandas e reivindicacións do sector.

Para Montse Prado unha vez máis a UE e o Goberno español está a tomar decisións sen ten en conta as peculiaridades de Galiza diante da nova normativa da UE que prohíbe a arte artesanal do xeito que afecta a máis de 400 embarcacións en Galiza e máis da metade na Ría de Arousa.

Para a nacionalista estamos ante unhas decisións que perxudica gravemente a IMG-20141013-WA0006un sector básico, como é o sector da pesca en Galiza, e critica ao Goberno galego que lonxe de mirar polos intereses dos nosos sectores se dedica a aplicar estas medidas sen cuestionalas. Montse Prado esixe ao Goberno Galego que actúe dunha vez por todas de goberno de todos os galegos e galegas e defenda os intereses dos nosos sectores.

O deputado nacionalista Daniel Rodas critica o “pasotismo absoluto” da Xunta de Galiza ante os prantexamentos da UE de eliminar todas as artes de deriva a partir do 1 de xaneiro de 2015 sen ter en conta que a arte artesanal do xeito, que aínda que sexa considerada arte de deriva, é unha arte tradicional e das máis selectivas existentes no mundo, que unicamente pesca xouba e sardiña, e que para o noso país é fundamental para a sobrevivencia de moitos mariñeiros.

Daniel Rodas denuncia a decisión do Goberno español de pechar desde o 20 de setembro a pesca da sardiña, que leva consigo a paralización da flota do xeito no noso país e esixe á Xunta de Galiza que esté ao lado dos mariñeiros, que teña vontade política, e busque solucións para este sector reivindicando as competencias que ten Galiza en augas interiores e poder manter a actividade desta arte con total normalidade.

 

O BNG ESIXE AO GOBERNO GALEGO QUE ADOPTE AS MEDIDAS OPORTUNAS EN DEFENSA DA ARTE ARTESANAL DO XEITO.