O BNG de Sanxenxo denuncia o cobro irregular de taxas nas escolas municipais

O BNG de Sanxenxo denuncia o cobro irregular de taxas nas escolas municipais

A principios de semana a Concellaría de Educación e Cultura do Concello de Sanxenxo abría o prazo de inscrición da actividade, das escolas municipais, Técnicas de Estudo. Fíxose chegar ás nais e pais dos alumnos/as de 5º e 6º de primaria o boletín de inscrición ao mesmo tempo que se publicitaba a través dos medios de comunicación.

No boletín de inscrición detállase as características desta actividade, como os lugares de realización, período, horario e as TAXAS que se deben abonar por parte dos alumnos/as matriculados/as.

Esta taxa foi actualizada en outubro do ano 2.013, entrando en vigor en xaneiro do ano 2.014 e sendo tamén de aplicación para este ano 2.015.

É competencia exclusiva do Pleno Municipal aprobar ou modificar as ordenanzas e taxas que se aplican no noso concello.

No Pleno do 18 de outubro do 2.013, para o apartado de escolas municipais e en concreto a actividade de Técnicas de Estudo, o aprobado foi de 20 € de inscrición SIN mensualidades algunha, e dicir, 20 € sería o custe total para os alumnos/as que reciben esta actividade, e foi precisamente esixencia do grupo municipal do BNG a eliminación das mensualidades, aceptada polo goberno municipal, a que levou ao noso grupo a apoiar favorablemente esta taxa.

Na comunicación efectuada esta semana por parte da concellaría da Educación e Cultura consta dentro do apartado de TAXAS, unha cuota de inscrición de 20€ e unhas mensualidades de 8€, o que supón que o pago por cada alumno/a pasaría a ser de 60€ ( 20+5mensualidades), unha suba do 300%.

No período de xaneiro a maio deste ano 2.014, a Concellaría de Educación, en mans de Paz Lago, cobrou de maneira IRREGULAR esta taxa aos alumnos que fixeron esta actividade o curso pasado, e pretenden volver a aplicar o mesmo cobro irregular para o período de xaneiro a maio do ano 2.015, como así consta no boletín de inscrición e na páxina web do Concello de Sanxenxo.

O cobro que se efectuou o curso pasado ( xaneiro a maio do ano 2014) de 8€/ mensualidade é ILEGAL , foi cobrado de forma irregular e inxusta, con unha evidente motivación lucrativa.

A concelleira do BNG, Sandra Fernández Agraso , manifestou que “estas son as consecuencias de ter unha concelleira de Educación, Paz Lago, onde as súa prioridade consiste en ir a aplaudir ferventemente a política de recortes de Mariano Rajoy en Madrid, mentres en Sanxenxo nin practica, nin se preocupa pola súas competencias, onde a súa responsabilidade en materia de educación é un estrepitoso fracaso.

A falta de implicación de Paz Lago e a improvisación con políticas de “corta y pega” produce consecuencias económicas ás familias e pode chegar a privar a nenos de poder acceder a actividades coma esta”

A concelleira Sandra Fernández continuou manifestando que: “ xa chove sobre mollado, isto súmase á eliminación do autobús extraescolar, a paralización dos colexios de Vilalonga e Dorrón, as axudas ás ANPAS, os pavillóns de Vilalonga e Sanxenxo.. unha bagaxe lamentable a desta concelleira e de todo o goberno municipal.

Paradóxicamente a unhas nais se lles cobra irregularmente por algo que non está taxado, e pola contra seguen sen resolver as obrigatorias axudas sociais comprometidas nos orzamentos obrigando a que un grupo de nais se teñan que mobilizar ás portas da casa do concello.

Dende o BNG de Sanxenxo esiximos que por parte da Concellaría de Educación se dean as explicacións pertinentes a cada un dos pais /nais dos alumnos/as que xa foron afectados no curso anterior, que se aclare de forma concreta todas as mensualidades que foron cobradas de forma irregular e a reparación de estes feitos coa devolución dos cartos que foron cobrados ILEGALMENTE.

Así mesmo pedimos que se notifique URXENTEMENTE aos centro educativos do Concello, así como unha comunicación pública, e se lles subministre unha nota aclaratoria para ser repartida entre o alumnado de 5º e 6º de primaria que corrixa o apartado da TAXA, xa que somos conscientes que non queda tempo suficiente para modificar a folla de inscrición antes de rematar esta avaliación escolar.

Dado que o prazo de inscrición remata mañá 19, pedimos que se prorrogue polo menos unha semana máis o prazo de inscrición, posto que pode que a supresión das mensualidades, e con un único custe de 20 €, anime a que máis alumnos/as se anoten nesta actividade.

 

O BNG de Sanxenxo denuncia o cobro irregular de taxas nas escolas municipais