O BNG DO SALNÉS ORGANIZA UNHA CHARLA-COLOQUIO EN CAMBADOS SOBRE O SÁHARA

O BNG DO SALNÉS ORGANIZA UNHA CHARLA-COLOQUIO EN CAMBADOS SOBRE O SÁHARA

A deputada nacionalista e membro da interparlamentar sobre o Sáhara, Montse Prado participará nunha charla-coloquio, xunto co activista saharauí Hafdala Mani, este venres en Cambados baixo o título “O Sáhara: un pobo que loita pola liberdade”.

O BNG do Salnés celebrará un acto este venres, a partir das 20´15 h., en ExpoSalnés sobre o Sáhara e na que contaremos coa presenza de Montse Prado, membro da interpalamentar sobre o Sáhara e Hafdala Mani, activista saharauí para explicar a situación que se está a vivir no Sáhara Occidental e a vulneración dos dereitos humanos que está acometer o Estado de Marrocos no seus territorios.

O BNG apoia as reivindicacións do pobo saharauí polo dereito de autodeterminación, dereito recoñecido polas Nacións Unidas, pola súa liberdade e polo dereito a un futuro en paz e rexeita a ocupación do territorio do Sáhara Occidental de maneira ilegal 2014-12-19 TARXETA charla sahara cambadospolo Estado de Marrocos.

A nacionalista contará ademáis a súa experiencia da visita que fixo este ano aos territorios do Sáhara ocupados por Marrocos onde asociacións que loitan polos dereitos humanos informaron das continuas agresións que está a padecer o pobo saharauí, coa falta de atención humanitaria por parte da comunidade internacional e coa privación de liberdade de persoas por defender o dereito de autodeterminación do seu pobo.

 

 

O BNG DO SALNÉS ORGANIZA UNHA CHARLA-COLOQUIO EN CAMBADOS SOBRE O SÁHARA