O BNG DENUNCIA A FALTA DE RESPETO DO GOBERNO DE FOLE AOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN E A VECIÑANZA

O BNG DENUNCIA A FALTA DE RESPETO DO GOBERNO DE FOLE AOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN E A VECIÑANZA

Para o BNG resulta indecente e un novo atentado á democracia por parte de Fole e do goberno do PP que unha vez máis se cambien as datas dos plenos a súa conveniencia, convertendo plenos ordinarios, onde se poderían presentar e debater mocións, en extraordinarios onde a veciñanza non poderá participar nin realizar preguntas.

O BNG oponse á liña autoritaria e antidemocrática de Fole e do PP, posto que considera un atentado á democracia o feito de que plenos ordinarios que deben servir para poder presentar mocións e darlle solución aos problemas que están a padecer as veciñas e veciños de Vilagarcía de Arousa; así como para darlle voz aos mesmos para expoñer os seus problemas, os transformen en extraordinarios onde non se contemplan estas posibilidades.

Estes feitos veñen a dar a razón ao BNG de Vilagarcía sobre o contínuo desprezo de Fole e do PP cara aos problemas que padece a cidadanía de Vilagarcía de Arousa. Algo que xa vimos denunciando dende a entrada de Fole e do PP no goberno e que ven a confirmar que o PP vive e actúa en base aos seus intereses unicamente e non en función dos intereses da cidadanía.

O BNG non vai a permitir que Fole siga a coartar a liberdade e participación nos plenos tanto da propia cidadanía como a dos seus representantes, e neste senso presentaremos as mocións que temos preparadas para que se atendan os distintos problemas que afectan ao día a día das veciñas e dos veciños do noso concello. Mocións para tratar problemas como os que están a padecer os nosos emigrantes retornados, ou sobre a estafa das tarifas eléctricas, ou de apoio ao comercio de proximidade...etc

O BNG considera un novo atropelo, que este cambio de data se produza unicamente para permitir que as diferentes políticas económicas de dereitas da equipa de Tomás Fole se fagan efectivas, medidas con afán recadatorio que so pretenden seguir a sangrar os nosos petos. Ademáis, consideramos tamén este cambio de convocatoria unha falla de respeto como representantes da cidadanía, informándonos deste cambio a última hora e pretendendo poñer as comisións informativas tan so unha hora antes do pleno sen darnos tempo a estudar ou informarnos correctamente sobre os temas que presente o propio Goberno.

Ao BNG quédalle claro que a intención de Fole, seguindo a mesma liña que os demáis gobernos do PP tanto na Xunta coma no Estado, é a de dificultar a labor do BNG e da oposición,asi como coartar a liberdade de expresión, de cara a ocultar tanto a súa incapacidade como as súas políticas antisociais.

Por este motivo dende o BNG vamos a exixir ao PP que cumpra o falado anteriormente coa oposición e manteña tanto a data inicial da súa realización (29 de decembro) como o do seu carácter ordinario de cara a poder tratar os asuntos que afectan os cidadáns e darlle voz os mesmos.

O BNG DENUNCIA A FALTA DE RESPETO DO GOBERNO DE FOLE AOS PARTIDOS DA OPOSICIÓN E A VECIÑANZA