O BNG de Ribadumia en contra da supresión da BTTinto
Vanessa Fariña critica que desde o concello non se intentase chegar a un acordo cos clubs
O BNG de Ribadumia por voz da súa portavoz Vanessa Fariña critica a actitude do goberno de Ribadumia en relación coa proba BTTinto. Acusa ao concello de falta de iniciativa e de desfacer o pouco que xa había. Neste sentido destaca é necesario revisar as políticas que había pero de xeito construtivo xa que o concello e a veciñanza non deben pagar a falta de iniciativa deste goberno. Así, a portavoz nacionalista critica que o concello non intentase chegar a un acordo cos clubs.
O BNG entende que se trata dun espectáculo lamentábel o batalla de declaracións e acusacións entre o Concello e os clubs, tanto na prensa como nas redes sociais e demanda do Concello diálogo e consenso para salvar a proba. Neste sentido critican que o ano pasado si que valía e este ano non, e suprímese con argumentos de risa que agochan a falta de diálogo, traballo e iniciativa do goberno municipal
Dende o BNG cremos que o Concello ten que estar para resolver os problemas dos veciños e non para enzarzarse cos veciños a través das redes sociais. Vanessa Fariña tamén quere transmitir o apoio e agradecemento do BNG aos clubs e todos os voluntarios que fixeron posíbel esta proba nas súas anteriores edicións.
O BNG lamenta a frustración que o actual goberno municipal está a crear, desaproveitando a oportunidade histórica de desterrar as políticas e as mañas do PP neste concello.