O Grupo Municipal do BNG critica o Plan de Axuste de Catoira
Xoán Castaño sinala que o plan de axuste de Catoira afoga con máis impostos ás familias, é un ERE ENCUBERTO e da un golpe aos servizos sociais.
O portavoz municipal do BNG, Xoán Castaño denuncia que o alcalde condena de forma inxusta a pagar ao pobo de Catoira os seus excesos e derroches-despilfarro, dos tempos de viño e rosas, levando ao concello a ter unha débeda a 31/12/2014 de case 5 millóns de euros ( 4.934.000 ), que supón o 172,45% do orzamento dese ano e unha débeda por habitante de 1.450,32 , sendo o segundo concello de Galiza máis endebedado neste aspecto.
O plan de axuste aprobado polo goberno do PSOE de Catoira basease fundamentalmente en tres aspectos:
Un Aumento brutal do IBI, pasando dun 0,42 ao 0,50. Despois de aprobar no último pleno de decembro de 2015 que baixaba o IBI ao 0,42, catro meses despois volve subilo. Para o nacionalista, isto representa unha burla e un engano en toda regra ao pobo de Catoira. Unha casa cun valor catastral de 150.000 vai pasar de pagar 630 a 750 , un aumento de 120 anuais que implica outro pau ás economías máis necesitadas, imaxinade o que isto conleva para familias que teñan hipotecas, sinala o voceiro.
Elimina postos de traballo amortizando a praza laboral indefinida do Enxeñeiro Municipal por xubilación, a praza laboral indefinida de operario vacante na plantilla municipal e dá por finalizado a partir de 2017 do contrato temporal da persoa auxiliar de biblioteca.
"Con estas medidas os servizos públicos e a súa calidade diminuirán de forma ostensible", afirma Xoán Castaño.
Finalmente, o nacionalista denuncia que a aplicación deste plan de axuste non presenta nin unha soa medida para aforrar en gastos superfluos que tantos cartos chuchan ás veciñas e veciños de Catoira: viaxes, festas, comidas, coroas, etc.