O BNG solicita no Parlamento o peche do expediente d revogación do director do IES da Illa de Arousa

O BNG solicita no Parlamento o peche do expediente d revogación do director do IES da Illa de Arousa

A deputada no Parlamento Galego Montse Prado volta levar a debate na cámara a problemática do IES da Illa de Arousa

Tal e como fixo coas reivindicacións de maior profesorado e material hai unhas semanas hoxe mesmo o BNG presentou diversas iniciativas solicitando da administración educativa explicacións ao respecto da problemática no IES da Illa de Arousa e da actitude da mesma co fin de solucionala.

Unha das iniciativas solicita ademais que por parte da Consellería de Educación se proceda a pechar o expediente de revogación do cargo de director aberto pola Xefatura Territorial de Educación en Pontevedra ao considerar que non hai razóns para o mesmo e que a amenaza de sanción só responde a un interés político, e de producirse provocaría unha grave situación no centro que perxudicaría á comunidade educativa no seu conxunto e ao alumnado en particular.

O BNG ademais quere manifestar públicamente unha vez máis o seu apoio á comunidade educativa da Illa de Arousa pola súa coherente defensa do ensino público e ao director en particular.

O BNG anima ao profesorado, país e nais, alumnado e á sociedade en xeral e seguir mantendo o apoio solidario ao director da Illa de Arousa e a participar en concreto na concentración prevista para o próximo sábado.

 

O BNG solicita no Parlamento o peche do expediente d revogación do director do IES da Illa de Arousa