O BNG PREGUNTA NO PARLAMENTO GALEGO SOBRE A SITUACIÓN DOS CENTROS EDUCATIVOS DE CAMBADOS
A deputada no Parlamento Galego, Montse Prado ven de presentar unha batería de preguntas relativas á situación na que se atopan os centros de ensino IES Ramón Cabanillas e o CEP Antonio Magariños do concello de Cambados.
Diante das noticias que nestes días están saído nos medios de comunicación sobre os retrasos nas obras que se están a realizar nestes dous centros educativos, obras que provocan unha grande incomodidade ás comunidades educativas dos devanditos centros públicos e unha modificación no funcionamentos normal das actividades lectivas, a nacionalista pregunta pola previsión de remate destes centros.
Montse Prado denuncia que as obras que se están a acometer nos dous centros foron anunciadas repetidas veces por diversos responsábeis do Partido Popular, alcalde, delegado territorial, xefe territorial de educación, presidente da deputación, etc..., coa presenza propagandística e mediática coa que adoitan adornar os anuncios de obras, inauguracións ou outro tipo de actuacións ou futuras actuacións que se consideran positivas, chegándose incluso a anunciar, promesas que sempre foron seguidas de retrasos e máis retrasos até chegar á situación actual na que no mellor dos casos, se estas obras se chegan a rematar, o alumnado de ambos centros terá que convivir con elas cando houbo tempo para acometelas ou cando menos para inicialas nos meses do verán coas aulas baleiras.
O pasado martes na páxina web institucional da Consellería de Educación publícase unha nota na que se chega a acusar a profesorado dun deses centros escolares, o CEP Antonio Magariños de ser responsábel de que o alumnado non tivera actividades de educación física cando é sabido pola administración e por toda a comunidade educativa do Centro, o perigo que supoñía e sigue supoñendo para o alumnado e para o profesorado realizar educación física nas condicións nas que están as instalacións.
Para a nacionalista o Partido Popular está cruzando liñas vermellas, ao usar a páxina web institucional da Consellaría como si se tratara do seu medio de información privado para omitir opinión e non información, e para atreverse a responsabilizar ao profesorado do que é a Consellaría a única responsábel. Opinión porque a afirmación que alí se fai de que o patio cuberto reunía as condicións de seguridade non está avalada por ningún informe nin comunicación aos responsábeis do Centro de que isto era así.
Montse Prado pregunta á Consellaría de Educación si dispón dalgún informe técnico que avale a afirmación feita na web oficial da mesma a respecto do CEP Magariños de que o patio cuberto reunía as condicións de seguridade ? e de ser así, en que data se realizou o mesmo, e si lle vai pedir desculpas ao profesorado do CEP Antonio Magariños pola acusación contida na nota do 23 de setembro que supón un acto de desprestixio e de posta en cuestión da súa profesionalidade.