O BNG CONSIDERA ESCANDALOSA A ACTUACIÓN DA XUNTA DE GALIZA NO TEMA DOS VERQUIDOS EN TRAGOVE

O BNG CONSIDERA ESCANDALOSA A ACTUACIÓN DA XUNTA DE GALIZA NO TEMA DOS VERQUIDOS EN TRAGOVE

A deputada nacionalista, Montse Prado preguntou na Comisión 8ª de Pesca e Mar ao Director Xeral de Augas de Galicia sobre os resultados que provocaron os verquidos tóxicos na zona sur do Porto de Tragove e non aclarou a día de hoxe as cuestións que lles preocupa ao sector do mar e á Confraría de Cambados.

Montse Prado considera escandaloso que se tardaran máis de dez días en recollar as mostras dos verquidos tóxicos e que dous meses despois a Xunta de Galiza non saiba absolutamente nada do tema, estando aínda pendentes dos resultados.

O BNG denuncia o grave perxuízo que isto está a causar á Confraría de Cambados, que tiña a intención de incluir esta zona no plan de explotación marisqueira, e que a estas alturas descoñecen as medidas e as actuacións que vai adoptar a Xunta mantendo á Confraría nunha situación de indefensión.

Montse Prado critica que a Xunta de Galiza leva desde o 2009 anunciando plans e investimentos millonarios para o saneamento das rías, saneamentos que non acaban de producirse no 2014 e siguen a ser demasiadas as zonas de extracción consideradas como B ou C que impiden a extracción e venda do produto pola mala calidade das augas .

Finalmente, a deputada acusou á Consellaría de Mar e á Consellaría de Medio Ambiente de falta de vontade política para pontenciar o sector do mar, sector do que viven miles de persoas e fundamental para o desenvolvemento económico da nosa comarca, e demanda que se acomentan as actuacións precisas para o seu saneamento.

O BNG CONSIDERA ESCANDALOSA A ACTUACIÓN DA XUNTA DE GALIZA NO TEMA DOS VERQUIDOS EN TRAGOVE