O BNG leva ao Parlamento Galego o conflito laboral na empresa Lantero

O BNG leva ao Parlamento Galego o conflito laboral na empresa Lantero

A deputada nacionalista, Montse Prado preguntará ao Goberno galego se vai realizar algunha actuación diante da presentación dun novo ERE por parte da empresa que de prosperar conlevaría a perda de 55 postos de traballo.

Diante da situación que están a vivir os traballadores da empresa Lantero, ubicada no polígono do Pousadoiro no concello de Vilagarcía de Arousa, que levan desde o 13 de outubro en folga como medida de oposición e denuncia do ERE presentado pola empresa que contemplaba o despido de 32 traballadores e unha rebaixa salarial do 30 por cento para o resto da plantilla, Prado critica á Xunta de Galiza pola súa pasividade neste conflito desde o seu inicio e pregunta se vai seguir inhibíndose de actuar ante a presentación de EREs inxustificábeis por parte das empresas.

Para o BNG é inaceptábel a actitude da empresa ao longo dos máis de 40 días de folga, que lonxe de buscar algunha solución non fixo máis que radicalizar a súa posición con unha ostentación de forza e intento de amedrantamento totalmente desproporcionado a través do uso de seguridade privada armada e con cans ameazantes, e con medidas inxustificábeis como o despido do presidente do comité de empresa e a ameaza da facer o mesmo cos outros 11 membros do comité, si o xulgado declarara a folga2004.11.19-visita lantero ilegal.

A nacionalista denuncia ademais a falta de diálogo mostrada pola dirección da empresa Lantero que en vez de chegar a unha solución cos traballadores onte mesmo presentou un novo ERE moito máis duro que o anterior, ao elevar de 32 a 55 os despidos propostos, 40 extincións e 15 externalizacións ou subcontratacións, o que supón case a metade da plantilla, e un recorte salarial do 20 por cento para o resto da plantilla.

Prado critica que durante os máis de 40 días de conflito non se coñece a día de hoxe que por parte da Xunta de Galiza se teña realizado actuación algunha para buscar unha solución ao mesmo, de feito o pasado día 19 o conselleiro de Economía e Industria, nunha visita feita a Vilagarcía, fuxiu de posicionarse a respecto da situación que se está a vivir na empresa, enmarcando o conflito nun problema entre empresa e traballadores.

Para o BNG unha vez máis o goberno galego do PP abandona a nosa comarca, unha das comarcas con maior taxa de desemprego do país e pídelle á Xunta de Galiza que actúe para manter o emprego nas poucas empresas que queda no Salnés.

 

O BNG leva ao Parlamento Galego o conflito laboral na empresa Lantero