Prado presenta as emendas do BNG aos Orzamentos da Xunta de Galiza

Prado presenta as emendas do BNG aos Orzamentos da Xunta de Galiza

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Montse Prado, presentou en rolda de impresa as emendas parciais aos Orzamentos da Xunta de Galiza para o 2015 referidas á comarca do Salnés.

montse pradoPrado iniciou a súa comparecencia sinalando que para o BNG son inaceptábeis as escusas que a Xunta de Galiza da, amparándose no contexto de crise na que nos atopamos, para a redución orzamentaria no 2015 coa única pretensión de deteriorar os servizos públicos e os dereitos dos galegos e galegas e, recrimínalle ao PP, que si hai outra forma de facer política e de actuar cos recursos públicos

en beneficio da pobación.

A nacionalista criticou os incumprimentos constantes do goberno do PP coa comarca e cualificou as partidas destinadas para O Salnés de fraude e totalmente insuficientes.

Sectores fundamentais na comarca

A deputada reivindicou unha serie de emendas do BNG destinadas á creación de emprego potenciando os sectores produtivos estratéxicos da comarca como son o sector do mar e o sector do agro e horta da que viven miles de familias.

Critica que no orzamento presentado pola Xunta de Galiza non hai partidas especifícas para a recuperación de bancos marisqueiros ou para o estudo da mortandade do berberecho. É por iso, que desde o BNG se propoñan emendas como o Plan de Recuperación do Marisqueo na Ría de Arousa, medidas de apoio á xente do mar cando se de o cese da actividade por paros biolóxicos, mal tempo ou actuacións para apoiar aquelas persoas que traballan no mar con rendas moi deficitarias como poden ser as mariscadoras de máis de 65 anos ou as redeiras.

Tamén fixo referencia á emenda queSaco-mariscadoras1 o BNG presentou para que os 500.000 € que Portos de Galiza ten para a construción da comporta do Saco de Fefiñáns sexan destinados para a instalación duns caixóns que faciliten a drenaxe da auga de Tragove ao Saco e para a recuperación dese bancomarisqueiro.

En canto á horta e o agro o BNG presentou emendas para que se apoie a industrialización e comercialización dos produtos da horta ou se faga un Plan Especial de Denominación de Orixe Rías Baixas.

O Salnés unha das comarcas con maior taxa de desemprego

A deputada criticou a falta de programas específicos para a creación de emprego tendo en conta que o Salnés é unha das comarcas con maior taxas de desemprego de Galiza. De aí que o BNG presetou emendas neste sentido sobre todo destinadas aos sectores que máis están a padecer o desemprego como @s moz@s con altas cualificacións académicas e profesionais, ou a mulleres e as persoas de máis de 45 anos.

O BNG ademais presentou unha emenda para o impulso e potenciación do Servizo Galego de Colocación xa que os pasos que está a levar a Xunta de Galiza é a de privatizar este servizo.

Servizos públicos: ensino e sanidade

Para o BNG o ensino e a sanidade son servizos públicos fundamentais e que están totalmente desatendidos nos Orzamentos da Xunta de Galiza.

Montse Prado pide que dunha vez por todas a Xunta de Galiza atenda as demandas da comunidade educativa da nosa comarca e presenta unha partida para a construcción do novo CEIP de Vilalonga, partidas destinadas para o arranxo das deficiencias do Colexio Antonio Magariños ou dos colexios de Vilagarcía de Arousa como son o de Rubiáns, Carril e Arealonga. Ademais solicita que a Xunta faga un convenio cos concellos de Catoira e Sanxenxo para adecentar os pabillóns municipais usados fundamentamente polos alumnos e alumnas destes colexios en condicións infrahumanas.

A deputada fixo especial referencia á cuestión sanitaria. Prado sinala que o BNG non acepta as explicacións dadas pola Xunta de Galiza a respecto da ampliación do Hospital do Salnés, nin un euro destinado para o ano que ven, polo que presenta unha emenda onde os 9.752.005 € contemplados na licitación para a ampliación vaian nunha partida específica no orzamento do 2015 como única garantía de que dita ampliación sexa unha realidade.

A nacionalista sinalou que o BNG vai solicitar que esta emenda se vote de xeito individualizado para que @s deputad@s do PP da comarca do Salnés voten si están dacordo ou non coa ampliación que tanto prometen e que logo só actúan dun xeito inxustificábel para demorar cada día máis a tan demanda obra polos veciños e veciñas do Salnés e do persoal sanitario.

Outras emendas

O BNG tamén presentou emendas para a mellora da seguridade viaria en distintas estradas da comarca, emendas de apoio ao pequeno comercio, emenda para a creación do 4º Xulgado en Vilagarcía de Arousa e emendas para o rescate de servizos públicos como Salvamento Marítimo ou o Consorcio de Incendios e Salvamento.

 

 

 

 

Prado presenta as emendas do BNG aos Orzamentos da Xunta de Galiza